Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Fisober debuta nunha competición internacional

O Fisober debuta nunha competición internacional
O Fisober participa no torneo internacional Taça das Naçoes - VIII Women´s Futsal Nations Cup que tera lugar no Algarve O Fisober participa no torneo internacional Taça das Naçoes - VIII Women´s Futsal Nations Cup que terá lugar no Algarve O Fisober deprazase ata o Algarve - Portugal - para debutar no torneo internacional "Taça das Naçoes - VIII Women´s Futsal Nations Cup" que se disputará no pavillón municipal Jacinto Correia de Lagoa do 17 ao 19 de xuño. Con esta primeira experiencia a nivel internacional, o clube de fútbol sala feminino ponlle fin á tempada 2015/2016. O Fisober quedou encadrado no grupo A xunto con A.C.D. Castanheira de Portugal, Arco Iris Kobe de Xapón e Pro5Ladies de Inglaterra. O grupo B está composto polo Atlético de Madrid de España, Docklands Ladies de Inglaterra, F.C. Twente Something de Inglaterra, Povoa Futsal Clube de Portugal e Women´s Futsal Club “Inter Media Service “ de Ucrania. O debut do Fisober será o venres ás 12 horas (hora local) contra o Arco Iris Kobe. O segundo dos partidos será o mesmo venres ás 16 horas fronte o A.C.D. Castanheira. Para rematar a fase de grupos o sábado ás 11 horas fronte o Pro5Ladies. Xa o domingo, terá lugar a fase final na que segundo a clasificación no grupo disputarase do primeiro o noveno posto. Torneo a Taça das Naçoes Segundo indica a entidade, o Fisober situará a súa base en Carvoeiro, a cinco quilómetros de distancia de Lagoa. Distintos motivos, tales como lesións e compromisos académicos e laborais, impiden que a totalidade do plantel poidan disfrutar da experiencia. O groso da expedición partirá na mañá de mañá cara o Algarve.

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios