Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O Fisober disputará a Copa Xunta como Campión de Liga Autonómica

O Fisober disputará a Copa Xunta como Campión de Liga Autonómica

Xa está en marcha o Fisober FS 2012-2013. E a primeira proba será a XXII Copa Xunta, competición que se disputará entre os meses de agosto e setembro e participaran un total de 10 equipos, 4 equipos de División de Honra, 4 de 2º División e o Campión e Subcampión de Autonómica.

O equipo vimiancés quedou encadrado no Grupo A xunto co Ponte Ourense SAD e co Poio FS.
O equipo ourensano esta tempada quedou 5ª clasificado na División de Honra e conta nas suas filas con varias internacionales ca selección española de fútbol sala asi como internacionales ca selección brasileña.
O Poio FS quedou 4º clasificado na 2ª División e nas suas filas militan varias xogadoras internacionales ca selección portuguesa, asi comocon xogadoras procedentes de distintos equipos de fora de Galicia.

Ademais, os outros grupos están formados por:

  • Grupo B: Burela, Valdetires de Ferrol e Viaxes Amarelle.
  • Grupo C: Cidade de As Burgas, Leis Pontevedra, A Fervenza e Concello de Mos.

Pasarán ás semifinais, os campións de cada un dos grupos e o 2º clasificado do grupo de 4. As semifinais e final a determinar segundo dispoñibilidade de datas nos equipos de categoría nacional.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios