Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisober estrea categoría de mudanza

O Fisober estrea categoría de mudanza

O Fisober non podía ter un debut normal na 2ª División Estatal, que xa era histórico de por si. E por iso viviu un con cambio de escenario no tempo de lecer debido a humidade no pavillón de Vimianzo. Un cambio de última hora que supuxo que a segunda metade se xogase no de Baiñas.
A pesares do resultado moi bo partido das locais cun resultado algo inxusto, como ben aclara o twitter oficial do Valdetires que definío o partido como “victoria sufrida“.

A familia vimiancesa terá que quedarse coa boa imaxe a ofrecida nun partido no que dous minutos fatídicos condenaron a un equipo que levaba dende febreiro de 2011 sen perder na casa. Curioso que se repetiu o resultado co que no seu día debutaron en 1ª Autonómica contra o equipo coruñés do Riazor.
Iso si, para a historia do clube quedará o nome de Nuria como a primeira goleadora en 2ª División Estatal.

2ª División Estatal Feminina

O Fisober comezou con mudanza e derrota a tempada
  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ - VALDETIRES (1-5).
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana, Barca; Tamén xogaron: Noelia, Ylenia, Myrella, Olalla, Eva, Elsa.
  • Goles: 0-1: Sheila (descanso); 1-1: Nuria; 1-2: Sheila; 1-3: Erika; 1-4: Sheila; 1-5: Andrea.

Antes de comezaro o partido gardouse un respetuoso minuto de silencio o inicio do partido polo recente falecemento da xogadora do Diamante Rioja a xoven Bárbara Blanco.

O partido arrancou trepidante cun lanzamento lonxano de Tere que se estrelou no pau. O Fisober non quixo ser menos e tivo dúas ocasións case consecutivas por medio de Patri e Barca.
Os primeiros minutos seguían sendo vibrantes para o numeroso público presente en Vimianzo para as máis de 200 persoas. Así era a visitante Erika a que se topaba con Paula.
O Fisober non lle perdía a cara o partido ante un equipo curtido xa en mil batallas. Co paso dos minutos as ocasións foron sendo cada vez menos. Os dous equipos xa tomaban máis reparo en cada acción.

O problema foi tamén que minuto a minuto a condensación e a humidade do ambiente empezaba a facerse patente na pista e os últimos minutos as xogadoras comenzaban a resbalar sobre a pista.
No minuto catorce Patri encaraba a porteira visitante pero non era quen de superala ca súa vaselina. E no quince era a visitante Uxía a que enviaba o longueiro. Cando quedaban catro para o fin o Fisober gozaba dun libre indirecto que Nuria non aproveitaba. A falta de dous minutos os problemas de estabilidade xa eran maiores e os árbitros decidiron despois de falar cos equipos, rematar a primeira metade e tomar unha decisión definitiva o descanso.
Así a un minuto do fin un resbalón inoportuno foi o preludio do 0-1 visitante por medio de Sheila.

Cambio de pavillón

Chegouse o tempo de lecer e reunidos os dous equipos e ante os problemas para continuar en Vimianzo e para evitar o aprazamento definitivo cos problemas que conlevaría, o Fisober ofrece a posibilidade de continuala en Baiñas accedendo os dous equipos e os colexiados.

Desprazamento dos equipos, colexiados e boa parte do público a Baiñas, un centenar ou máis seguiron o equipo. Despois de recolocarse un novo quencemento case unha hora despois de rematar a primeira , arrancou a segunda metade nun pavillón diferente. Pero cunha afección máis entregada si cabe despois do esforzo realizado.

E lanzouse o Fisober na remonta do resultado, nun pavillón que coñece de adestrar cando non pode en Vimianzo. Xa no primeiro minuto Nuria dispuña dunha ocasión. No minuto tres a propia Nuria lanzaba e o seu tiro tocaba nunha rival para igualar o partido ante o delirio do animoso público.
Foron moi bos minutos para o Fisober ante un Valdetires que parecía descolocado ante o novo escenario. Apretaban as locais pero non foron quen de facer o segundo e poñerse en vantaxe.

Chegaron dous fatídicos minutos para o Fisober que deron o traste co seu bo partido, primeiro no minuto 27 cando unha combinación visitante rematou co segundo gol de Sheila.
Aínda así a piques estivo de igualar novamente o partido Ana pero non foi quen. E despois dous goles no minuto 28 foron definitivos primeiro foi Erika e despois de novo Sheila as que puxeron unha lousa sobre as locais. Máis aínda cando Andrea facíase co rexeite dunha falta para o un a cinco definitivo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios