Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Fisober FSF conta as horas para o seu debut na 2ª Nacional

O Fisober FSF conta as horas para o seu debut na 2ª Nacional
As mozas do Fisober están preparadas para saír á cancha da 2ª Nacional

O Fisober FSF xa conta as horas para o seu debut na 2ª división do fútbol sala femenino nacional.
O equipo vimiancés, despois de proclamarse Campión da Liga Galega 2011-12 afronta agora unha nova tempada na 2ª División cargada de ilusión e esforzo por parte de xogadoras, adestradores e directiva, e na que intentaran manter a categoría e consolidar un proyecto a base de xogadoras da Costa da Morte.

Os adestradores poderan contar para o debut en nacional ca totalidad da plantilla a excepción de Laura e Inés por problemas na tramitación da ficha.

O rival será o Valdetires de Ferrol, un dos candidatos o titulo de Liga e que ven de derrotar o Viaxes Amarelle de 1ª División por 1-2 na Copa Xunta.

O partido disputarase o sábado 6 de outubro ás 19:00 h no Pavillon Municipal de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios