Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisober renova tres das súas xogadoras

O Fisober renova tres das súas xogadoras
Tamara, Laura e Ines continuan esta tempada no primeiro equipo do Fisober FSF Tamara, Laura e Ines continuan esta tempada no primeiro equipo do Fisober FSF O Fisober F.S.F. comeza a perfilar a plantilla da tempada 2016/2017, deu a coñecer tres novas renovacións. "Tamara" - Tamara Vázquez Ramos, natural da localidade vimiancesa do Subeiro - volverá a xogar a presente tempada no primeiro equipo. Tamara ingresou no clube no 2007/2008 e non volveu a xogar no filial ata o 2011/12 despois dun descanso deportivo. Tamén renova a xogadora natural de Camelle, Laura Pose Suárez que chegou ao equipo na tempada 2011/2012 para xogar no filial e desde o pasado ano forma parte do primeiro equipo. A terceira das renovacións que se deron onte a coñecer foi a de "Inés" - Inés Suárez Mouzo - que tamén chegou ao clube na tempada 2011/12 para xogar no filial. Inés tamén simultaneou filial e primeiro equipo ata que na tempada 2014/15 a última en Segunda División pasou a formar parte do primeiro equipo. O equipo adestrou onte nas instalacións deportivas de O Conco en Dumbría.

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios