Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Fisober segue implacable na Liga Autonómica

O Fisober segue implacable na Liga Autonómica

Continúa a boa liña o líder da Liga Autonómica. Ao Fisober bastoulle con ser constante e estar ordenado para que o partido ante o Ribadeo caese do seu lado gracias á calidade das súas xogadoras e as baixas cas que se presentaba o cadro da Mariña no Municipal de Vimianzo. Con esta vitoria o Fisober segue líder con tres puntos de diferencia sobre os equipos pontevedreses do Mos e o Marcón.

Na Liga Provincial, a pesares da derrota do Fisober B co líder intratable da categoría, as da Costa ofreceron unha boa imaxe defensiva na primeira metade índose cun 3-0 o tempo de lecer. A segunda metade fixoselle moi longa e caeu con rotundidade.
Pola súa banda o equipo de A Salina de Esteiro empataba a 3 co Fame Negra e se mantén na 4ª posición. Ademais o Concello de Ponteceso FSF aprazaba o seu partido ante A Fervenza pola Motofesta.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - RIBADEO FSF (5-0)
  • FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”: Paula, Olalla, Ana,Elsa e Barca; tamén xogaron: Patri, Ylenia, Alba, Mirella, Noelia e Eva.
  • Goles: 1-0 Noelia, 2-0 Patri, 3-0 Alba (Descanso), 4-0 Barca, 5-0 Barca.

O Ribadeo saiu a defenderse e chegaba con pouco perigo a portería defendida por paula na 1ª parte, o seis minutos una xogada de todo o equipo era culminada por Noelia facendo o 1-0 e pouco despois Patri facia o segundo que daba se cabe maior tranquilidade as xogadoras vimiancesas. A pouco do pitido final Alba conseguía o 3-0, resultado co que se chegaba o tempo de lecer.

A tónica na segunda metade foi a mesma, Fisober dominaba o partido e o Ribadeo apenas craba perigo. Barca con dous goles o estilo Raul redondeaba o resultado final de 5-0.

Liga Provincial

  • Resultado: O PINO – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” (11-0)
  • FISOBER B: Catti, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Cris, Loly e Natalia.
  • Goles: 1-0 Raiane, 2-0 Laura, 3-0 Laura ( descanso), 4-0 Lidia ,5-0 Vanessa , 6-0 María de penalti, 7-0 Laura, 8-0 Lidia, 9-0 Vanessa, 10-0 Lidia, 11-0 Laura.

O partido xogouse como era de esperar prácticamente só na zona defensiva do filial do Fisober. Eso fixo que as porteiras locais tanto Fany como na segunda metade María tiveran escaso traballo e como é habitual neste equipo aparecendo en ataque de vez en cando nas xogadas de estratexia.
O Pino dominaba pero o gran traballo defensivo do filial, compricoulle moito as cousas nesta primeira metade. Lideradas por Laura as locais buscaban o gol unha e outra vez . O primeiro gol chegou os catro minutos por parte de Raiane despois dun forte lanzamento. O segundo fixo Laura os sete minutos. O terceiro gol voltou a ser por medio de Laura os once minutos.

Despois o filial conseguiu aguantar ata o tempo de lecer sin recibir ningún gol. As da Costa facían un bo traballo defensivo e con moitas axudas para que non se incrementara o resultado de tres a cero.

Na segunda metade parece que o gran esforzo físico que fixeran na primeira unido a unha certa relaxación despois do traballo da primeira metade parece que lles pasou factura as visitantes, xa que nos primeiros sete minutos recibiron os mesmos goles que en toda a primeira metade.
Sendo o sexto gol despois dun claro penalti que transformou a porteira local María. Os adestradores visitantes pediron tempo morto para tentar frear a sangría.
Aínda así os goles seguiron caendo ata u once a cero final que deixa O Pino máis líder xa que sigue a contar tódolos seus partidos por victoria o que se lle sumou o empate dos seus persiguidores no enfrontamento directo, Manureva e Amarelle igualaban a un o sábado en Arteixo.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica: Sada F.S.F. - Fisober F.S.F.
  • Liga Provincial:
    - Fisober F.S.F. "B" - Fame Negra F.S.
    - Viaxes Amarelle F.S. - Concello de Ponteceso F.S.F..
    - A Salina de Esteiro - F.C. Meigas: 18/02/2012 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios