Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisober segue medrando na 2ª División Estatal

O Fisober segue medrando na 2ª División Estatal
Patri-Paula-e-Ana-na-saida-do-Fisober-a-pista

O Fisober a piques estivo de facer os seus primeiros puntos na casa na 2ª División Estatal contra o novo líder, pero unha mala segunda metade e un gol a tres minutos e medio para o fin cando xogaban cunha xogadora menos condenounas, nun partido no que aínda así mereceron máis sorte.
A vindeira saída é clave, ante o Arcos Logroño, que aínda non coñece a derrota.

Pola súa banda, na Liga Provincial, descansaba o Ponteceso FSF mentres que a Esteirana caía por 3-4 ante o Beart5Coruña.

Ademais, mellorou algo a imaxe do filial do Fisober a pesar da abultada derrota, que fixo un mellor traballo defensivo axudados pola actuación da súa porteira Martina. A nova negativa da tarde foi unha nova lesión para a xa chea enfermería do filial, desta vez tocoulle a Iria cun problema nun nocello, un Fisober B que espera recuperar algunha das mancadas esta semana que lle toca descansar na competición para voltar a xogar o próximo día 24 fronte o Mabegondo da ex do Fisober, Eva Lago.

Á Selección Galega

Ademais, a familia Fisober ten boas novas. As xogadoras do Fisober Patricia Romaní Vilela e Ana Mouzo Mosquera, ambas de 21 anos, foron convocadas para un adestramento ca Selección Galega Sub 23 de fútbol sala.
O combinado adestrado por Manuel Castillo esta a preparar a fase previa do Campionato de España de Selección territoriais. O adestramento terá lugar no Pavillón Quiroga Palacios de Conxo en Santiago o mercores 21 de novembro ás 19:45 h.

2ª División Estatal, Grupo 1 xornada 5

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - GUARNIZO (3-4).
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron: Myrella, Noelia, Ylenia, Elsa, Eva e Olalla.
  • Goles: 1-0 Barca, 2-0 Myrella, 2-1 Cristina , 2-2 Patri, 3-2 Nuria, (descanso), 3-3 Raquel, 3-4 Gabi.

Chegaban as cántabras con tres vitorias e solo unha derrota o “exilio” do Fisober en Baiñas, a xuntanza de palilleiras que vivía o pavillón de Vimianzo fixoas emigrar.
E comezaron lanzadas as da Costa moi motivadas de saída, xa os catro minutos enviaba un balón o pau. E case a continuación desa xogada Barca atopaba un balón na área para facer o primeiro gol local.
Tentaron respostar as visitantes, primeiro por mediación de Gabi na contra dun saque de esquina e despois cun tiro da Patri cántabra pero que detivo con solvencia Paula.
Despois destes pequenos sustos chegaron os mellores minutos das locais cando nos acercábamos o intermedio desta primeira metade, un tiro de Nuria, un lanzamento de Patri o longueiro e un man a man no que Patri vío como Marian mandaba a saque de esquina.
E ós nove minutos nese mesmo saque de esquina era Myrella a que establecía o segundo gol local. Aínda no minuto dez case a Patri local aumenta a vantaxe pero non foi quen de definir correctamente. A resposta visitante foi case de seguido e entre Noelia e Paula foron quenes de neutralizar dúas claras ocasións do Guarnizo.

Os minutos foron pasando, sin un control claro por ningún dos dous equipos. Ata que no minuto catorce nun saque de esquina que parecía Cristina reducía distanzas. Pero o partido seguía tolo e só un minuto despois un balón de Nuria para Ylenia as costas da defensa visitante e esta última poñía a punteira pero vía como Marian desfacía a oportunidade. E case na replica era a visitante Patri a que empataba o partido no minuto dezaseis ante a incredulidade local de recibir dous goles con tan pouco.

Tocaba remar de novo as locais e así a muxiá Patri tiña unha ocasión coa replica visitante. Cando quedaban tres minutos para o tempo de lecer a porteira visitante cometía unha falta indirecta a que con tranquilidade transformaba Nuria despois de que lla tocaran para poñer de novo en vantaxe o Fisober. Con este resultado e sen máis sobresaltos fóronse os equipos o vestiario.

Pero na segunda metade o Fisober non entrou tan ben no partido, e as visitantes tiñan ocasións máis por demérito das locais que polo xogo que desenvolvían. Eva comenzaba a ter máis traballo do debido o cal ía resolvendo ben. Entretanto Nuria case consegue aumentar o tanteador. Ata que no oito da segunda metade Raquel aproveitaba un erro para igualar o partido e a visitante Patri a piques estivo de poñer as súas por diante. Coa igualada no electrónico os dous equipos entroulles o medo a perder.

No minuto once unha xogada que pudo ser chave a cal foi moi protestada polas locais cando Barca era derribada cando encaraba a porteira , dentro ou fora do área, os colexiados entenderon que fora ela di que dentro, un lanzamento que Nuria non aproveitou.
Complicáronselle máis as cousas as locais cando tiveron que xogar os últimos dez minutos outra vez ca lousa das cinco faltas. O igual que a semana pasada esto foi un acicate para elas que dispuxeron dos seus mellores minutos nesta segunda metade nos cales Nuria, Patri e Elsa tiveron inmellorables ocasións para volver poñer por diante o Fisober, pero a sorte ou a puntería non estaban do seu lado.

Os últimos minutos xa eran unha ruleta rusa, e a visitante Gabi poñía de novo a proba a Eva. Ata que a falta de catro minutos para o fin se produciu a outra xogada chave do partido , Ana cometía falta que ademais de ser dobre penalti era o seu segundo cartón amarelo coa conseguinte expulsión e o seu equipo xogaría cunha menos ata que pasaran dous minutos ou recibiran un gol.
O dobre penalti foi parado por Eva, pero cunha menos a tres e medio para o fin Gabi aproveitou un erro infantil atrás das locais para poñer o definitivo tres a catro.

Co gol volvían a igualarse as cousas, as locais xogaban con máis corazón que cabeza tentaron a igualada pero sen ideas claras e as visitantes defendéronse con solvencia e aínda puxeron en perigo a Eva a contra.
Chegándose así o fin nun partido no que as da Costa mereceron máis fronte o novo líder da categoría , pero volveron a pagar a novatada.

Destacar que Myrella fixo o seu primeiro gol en Segunda División.

Liga Provincial, xornada 4

  • Resultado: MANUREVA - FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (8-1).
  • FISOBER: Martina, Iria, Paula, Laura e María Maroñas; tamén xogaron: Inés, Cris, Noe, Mónica e Natalia.
  • Goles: Polo Fisober marcou Inés, o descanso foise cun 3 a 1 no electrónico.

Non foi un mal partido do filial a pesar da abultada derrota. De saída as do filial aproveitaron unha falta de entendemento en defensa das locais nos primeiros minutos e puxéronse en vantaxe cun gol de Inés.
Ata doce minutos aguantaron por diante as do Fisober B, escudadas na súa porteira Martina. Pero despois esfumouse o espellismo.

Aínda así o tempo de lecer chegou cun 3 a 1 a favor das do Manureva. Un equipo con xogadoras de gran calidade entre as que destaca a bigoleadora Musta, que chegou a xogar co Valdetires Ferrol na Primeira División e que no seu día foi compañeira das xogadoras do primeiro equipo do Fisober, Barca e Nuria.

A segunda metade foi co mesmo guión de dominio absoluto das do Manureva, e cun filial que se adicaba a defender a meta dunha inspirada Martina. Nesta segunda metade caeron cinco goles máis ata o oito a un definitivo.

Vindeira xornada

2ª División Estatal:
- Club Cuatro Arcos Logroño FS - Fisober: 17/11/12.

Liga Provincial:
- Concello de Ponteceso F.S.F. - C.D. Fame Negra: 17/11/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
- Espartanas F.S- Esteirana: 17/11/2012 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores.
- Fisober B descansa.

Máis información

Crónicas da tempadas 2012-2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios