Mércores. 11.12.2019
El tiempo

O Fisober volve á 2ª División Nacional

O Fisober volve á 2ª División Nacional
Fisober volve a 2

Menudo ˝notición” recibiron esta fin de semana as xentes da familia do Fisober. O Fisober F.S.F. voltará a 2ª División Nacional na tempada 2016/17, así llo deu a coñecer a Real Federación Española de Fútbol ao clube costeiro. A nova etapa que emprende o clube con Dumbría coma nova sede, arrancará co clube en 2ª División.

Finalmente o seu 4º posto na Liga Autonómica non só tivo o premio da entrada en Copa, tamén lles deu unhas remotas opcións de ascenso e tódolos condicionantes para elo déronse o cal devolve as costeiras á División de Prata do fútbol sala feminino español.

Quedou encadrado no grupo I xunto con equipos, cántabros, vascos, navarros , rioxanos, aragoneses e un galego. O resto de equipos galegos competirán no grupo IV.

4ª temporada na categoría de prata

Será a cuarta tempada do Fisober na categoría de Prata. O debut do Fisober na Segunda División foi na tempada 2012/13 e tamén no grupo I quedando 8º clasificado. Na segunda tempada na división de Prata a 2013/14 o equipo acadaba a súa mellor clasificación na categoría acabando 6º tamén no grupo I. A terceira tempada en Prata a 2014/15 traía cambio de grupo, o Fisober íase o grupo IV, finalmente quedaba 13º o que provocaba o descenso do clube costeiro.

A 2016/17 terá premio de novo para un equipo tan humilde coma o Fisober. Viaxar por case todo o norte de España. Visitando moitos lugares que xa coñece da súa anterior andadura neste grupo , pero tamén outros novos, sobre todo os equipos aragoneses que non pertencían a este grupo anteriormente.

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios