Martes. 28.01.2020
El tiempo

O Fisober xa está de pretempada

O Fisober xa está de pretempada
O proxecto do Fisober para a tempada 2012 – 2013 xa está en marcha. As rapazas comezaron a pretempada o pasado venres, 24 de agosto. Os plans de adestramento contan con sesións ao longo de tres días cada semana, alternando praia, ximnasio e tamén con adestramentos no polideportivo. O plantel verase alterado con respecto ao que o ano pasado se proclamou campión galego a pasada tempada. É baixa Alba Cambeiro e incorpóranse novas xogadoras, como Laura Pose e Inés Suárez, que o ano pasado xogaban no Fisober B. Serán trece as xogadoras  que formen parte do conxunto esta nova campaña. O Fisober enfrontarase ao Ponte Ourense FSF no primeiro choque da pretempada. Será o vindeiro sábado, 1 de setembro, ás 20:00h, nun partido que se desputará no Pavillón Municipal de Cee. O calendario de encontros nos deixa un segundo partido o mércores 5 de setembro. Será fronte ao Poio Pescamar FS en terras pontevedresas.

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios