Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisterra arrasa nas LCFS e parte como favorito para as semis

O Fisterra arrasa nas LCFS e parte como favorito para as semis
Benxamins do Fisterra das LCFs-Foto-Ruben

Rematou a primeira fase das XVIII Ligas Comarcais de Futbol Sala (LCFS) que artella o Club Deportivo Costa da Morte. Deste xeito, o venres 6 de febreiro iniciarase a Fase Final, tendo lugar nos pavillóns de Baiñas e Vimianzo as semifinais das distintas categorías. Ademais, a finalísima será o próximo día 13 para decidir os campións da temporada 2014-2015. O Fisterra foi o gran protagonista desta fase, quedando de líder nas 3 categorías.

En categoría Benxamín, Concello de Fisterra e Concello de Muxía quedaron empatados no máis alto, con 27 puntos, con 10 vitorias e só unha derrota. A dos fisterráns, estrana, colleitada por goleada esta fin de semana despois dunha temporada sen tropezos, vencendo tamén ao propio cadro muxián. Metéronse na final o C. Dumbría e o As Baleas, deixando fóra ao Corcubión, que caía ante o propio Muxía nesta última xornada.
A fin de semana tiña tamén o derbi vimiancés entre as mozas do Fisober F.S.F. que actuaban como locais en Baíñas, e o equipo masculino da E.M.F. de Vimianzo. No partido das benxamíns a vitoria foi para o Fisober por 3 a 0. Os goles do Fisober foron obra de Sharay de Baíñas, María e Sharay de Grixoa.

Os alevins do Fisterra das LCFs-Foto-Ruben

Xa en Alevíns, o Concello de Fisterra volveu amosar o seu potencial para crear canteira quedando de líder, empatado co Manuela Rial. Por detrás, métense o EFM, que vencían ao Fisober no derbi, nun partido no que se daba a circunstancia que se enfrontaron os irmáns María e David Villaverde Ameijeiras; e As Baleas, que por golaverage supera ao Concello de Muxía.

Ademais, en Infantil, non houbo demasiado interese pois os 4 equipos xa estaban clasificados para as semis. O Fisterra, con 3 vitorias en 3 partidos, con 30 goles a favor e só 3 en contra, demostrou que parte como favorito.

Infantil das LCFs do Fisterra-Foto-Ruben

Semifinais (06-02-2015)

Categoría EquiposPavillón Hora
Benxamín C. Fisterra – As Baleas Baíñas 18:00
Alevín C. Fisterra – As Baleas Baíñas 19:00
Infantil C. Fisterra – EF. Corcubión Baíñas 20:00
Benxamín C. Muxía – C. Dumbría Vimianzo 18:00
Alevín Manuela Rial – EMF. Vimianzo Vimianzo 19:00
Infantil As Baleas - Lira Vimianzo 20:00

LCFs en FútboldaCosta.com

Crónicas das LCFs

Fonte

Comentarios