Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Fútbol Sala Feminino segue en competición

O Fútbol Sala Feminino segue en competición

Trala polémica da semana pasada no seo do fútbol sala feminino da Costa da Morte, a competición volve para calmar as augas. E que mellor que unha fácil vitoria para conseguilo, como a conseguida polas rapazas do Fisober na Liga Autonómica ante o último clasificado, o Castrelo de Miño por 1-8.

Na Liga Provincial houbo de todo. O filial vimiancés empataba en Baiñas a 1 tanto perante o Mabegondo, e mantense na metade da táboa.
O Viaxes Amarelle B sumou tres puntos de ouro que lle aúpan á segunda posición da provincial (0-3).
Pola súa banda, A Salina Xuvenutide de Esteiro vencía con clardade ao pechacancelas, Esprtanas por 1-11, e achégase a tan só 1 punto do Fisober B, cun partido máis.
Finalmente, o Concello de Ponteceso aprazou o partido ante o Manureva polo falecemento da nai de dúas xogadoras do equipo pontecesán.

Liga Autonómica

  • Resultado: CASTRELO DE MIÑO, 1 - FISOBER C. VIMIANZO, 8
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Barca e Alba. Tamén xogaron: Andrea e Ana.
  • Goles: 1-0: Barca; 2-0: Ana; 2-1: Mónica; 3-1: Barca; 4-1: Carla (pp); 5-1: Patri; 6-1: Ana; 7-1: Barca; 8-1: Andrea.

Regular partido o disputado polos Fisober en terras ourensanas. Dominio absoluto durante os 40 minutos do equipo da costa da morte e donde a confianza na vitoria supuxo que se chegara o descanso con un resultado de 1-2 favorable as nosas.
A segunda parte sairon algo máis metidas no partido as xogadoras de Chans e Fran e finiquitaron o encontro nos primeiros 5 minutos da reanudación. Cabe salientar o debut da xogadora fisterrana Andrea Romero que con 14 anos fixo o seu debut en Liga autonómica e conseguia marcar un dos tantos do equipo vimiancés.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B“ CONCELLO DE VIMIANZO, 1 - MABEGONDO, 1.
  • FISOBER “B“ C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogou Lara.
  • Goles: 0-1 María, 1-1 Lara.

A celebración do Antroido levou o filial do Fisober a xogar en Baiñas, e atopouse de novo coa falta de definición nos metros finales como gran hándicap. Comenzaba o partido cos dous equipos esperadose pero os cinco minutos un lanzamento de falta de María adiantaba no marcador as visitantes e cambiou a decoración do partido. As de Mabegondo coa ventaxa no marcador decidiron pecharse atrás e deixar que as locais levaran o peso do partido. Os últimos minutos desta primeira metade Fisober incremetou a súa intensidade e foi cando creou máis perigo. Así no minuto 17 a mellor combinación de Fisober a base de paredes de todo o equipo deixou o balón a Noelía que mandou o seu disparo o longueiro. A igualada non chegaba e a primeira metade esfumabase. No último minuto era Lara quen tiña unha gran ocasión.

A segunda metade comenzaba co mesmo guión, unha falta a favor de Mabegondo no minuto dous que de novo María lanzaba máxistralmente e batía no pau. Fisober vía que o partido se lle escapaba e voltou a dar un paso adiante. Así no minuto catro Noelia lanzaba pero o gol seguía sen querer entrar. Pero a sorte cambiou no minuto seis unha combinación das locais chegaba a Lara que cruzaba e vía como o seu lanzamento entraba paseniño despois de que a porteira visitante a tocara, igualando o partido. A última ocasión foi para Noelia que despois dun roubo de Lara deixou a Noelia ante Katia pero non logrou regateala e o empate foi defenitivo no marcador.

Liga Provincial

  • Resultado: FC Meigas “B” 0 – 3 Viaxes Amarelle “B” FSF.
  • Viaxes Amarelle “B” FSF: Leti, Laura Paz, María, Uxía, Cruz (cinco inicial), Alba, Laura Mosquera, Regi.
  • Goles: 0-1 María (min. 10); 0-2 Alba (min. 21); 0-3 María (min. 49).

O Viaxes Amarelle B de Suso Yanes cultivou este fin de semana unha importante vitoria ante o FC Meigas B, único equipo, xunto co Sada, co que caera derrotado na primeira volta, por un 0-3 bastante cómodo. Ademais o importante desta vitoria, é que vén unida á derrota do Sobrado Xuventude por 4-1 ante o Comarcal A Fervenza B FSF pon ao Viaxes Amarelle B na segunda praza a catro puntos do líder, Sada FSF.

Breves de Fútbol 11 - Liga Nacional

Ó final conseguiu a vitoria o Orzán. A horrible xeira de seis derrotas consecutivas parecía no acabarse nunca, pero gracias a un contundente triunfo en A Xunqueira sobre o Pontevedra por 1-4, as herculinas acercanse un poco máis as suas rivales na loita pola permanencia.
O pouco de comenzar o partido, Patri aproveitou un bo servicio de Barca, que volveu a deleitar ós presentes con fútbol de alta escola, para batir por alto a Mayte. E mediada a primera mitad, nunha boa contra de pizarra, Elenita asistiu perfectamente ó desmarque de Patri, que deixou atrás con suavidad para que Barca puxera o 0-2.

Xa no segundo tempo, unha chegada de Elenita en velocidad propiciou o terceiro para as coruñesas, obra de Barca, e tras o saque de centro, outra boa galopada pola banda dereita de Patri para asistir a Eva supuxo o cuarto para as orzanistas.

O Pontevedra

Pola súa banda, o Pontevedra intentouno, pero sólo Andrea Carid pudo lograr o gol da honra. As xogadoras da Costa da Morte Sara (Camelle) e Barca (Muxía) saian como tiulares e Alba (Carnota) entraría na segunda mi+etade.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica: A vindeira semana o Fisober C. Vimianzo non disputará o partido que o tiña que enfrontar ó Funeraria Apostol de Santiago que queda aplazado para o sábado 19 de marzo.
  • Liga Provincial:
    - Viaxes Amarelle F.S. - Concello de Ponteceso.
    - Manureva Tall. Mundo - Fisober F.S.F. "B"
    - A Salina Xuventude F.S.F. - Sada F.S.F.: 12/03/2011 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.

Novas relacionadas

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios