Venres. 19.04.2024
El tiempo

O gardameta Julián analiza o debut do Xallas

O gardameta Julián analiza o debut do Xallas

Estreamos sección de análise da xornada con protagonistas, e facémolo dende Santa Comba. O Xallas non tivo o debut soñado en Arzúa, e un dos homes mais carismáticos do equipo, nomeado mellor porteiro costeiro na Gala de Que pasa na costa o ano pasado, o carballés Julián, desmenuza as claves de tal inicio.

QPC - Como sentou a derrota no vestiario? Unha derrota nunca senta ben nun vestiario, pero hai que seguir. Sabemos que hai caras novas e que se teñen que conocer dentro do campo. Por riba este ano a preferente, salvo tres equipos, plantexase moi igualada, polo que unha semana podes perder e outra ganar. O equipo xa pensa no seguinte partido.

QPC - O marcador fai xustiza ó visto no encontro? Foron dúas partes moi distintas, pero claro, os goles resolven os partidos. Unha primeira parte onde o Arzúa que se acostumbra a ver no seu campo dispuxo de innumerables ocasións e unha segunda parte onde nos co resultado costa arriba tivemos o peso do partido para intentar acercarnos no marcador creando ocasións de gol. O partido feito na segunda parte e o camiño a seguir.

QPC - Como afrontades o derbi da semana que ven con Dumbría? Afrontamos o derbi con moitas ganas. Estrenarémonos en liga na nosa casa e intentarémolo facer cunha victoria. Sera un bonito partido e sempre é un partido especial, teño un gran recordo polo ano que estiven alí e seguen moitos compañeiros despois de compartir vestiario, pero ojalá queden os tres puntos en Santa Comba.

QPC - Consideras que o equipo se reforzou ben cara a tempada que acaba de iniciarse? Houbo baixas importante da temporada anterior cara esta. Este ano iniciase un novo proyecto con bos reforzos para suplir e mellorar o que habia anteriormente. Somos unha plantilla na que nadie ten o posto asegurado, onde o traballo da semana e moi importante e a competencia fai que nunca te relaxes, o que fai que seamos unha plantilla moi competitiva.

QPC - Que tal co mister? Que vos transmite en canto a que fútbol quere que practiquedes? ¿Quen non conoce a Noe? Todo o que el viviu na súa carreira deportiva quérenolo transmitir ahora a nos. Todos queremos que a metodoloxía de traballo de Noe e Iyán, o preparador físico, se vexa reflexada no fin de semana, sendo o Xallas un equipo moi difícil de batir e saindo a ganar en cada partido e en cada campo.

QPC - Que esperas a nivel persoal da tempada? Espero que o equipo consiga o objetivo da temporada que é non pasar apuros, e si eu podo contribuir a axudar a conseguir ese objetivo, ben recibido.

Un fenómeno o gardameta xalleiro, cotizadísimo este verán pero que mostrou a súa fidelidade a un grupo que tentará un ano mais manter ó Xallas en Preferente. A bo seguro que os de Noé sairán enrabietados o domingo no derbi contra o Dumbría. Espéranos un encontro dos de non perderse¡.

Comentarios