Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O III Circuito Intercomarcal da Deputación espallou o mundo do xadrez por 11 concellos da provincia

O III Circuito Intercomarcal da Deputación espallou o mundo do xadrez por 11 concellos da provincia
Campionato de Xadrez no Espazo Xove de Carballo Campionato de Xadrez no Espazo Xove de CarballoMarcos Trigo e o economista Jose Sande Marcos Trigo entregando o premio de campión a José Sande

Este pasado venres 12, disputábase en Carballo o Torneo Fundación Luís Calvo que servía de clausura do III Circuíto Intercomarcal de Xadrez rápido Deputación da Coruña. P articiparon 72 xogadores de toda Galicia, sobre todo das provincias de Coruña e Lugo, e de Ponferrada na súa maioría os habituais do circuíto. E os nomes propios foron o MF Jose Sande, campión do torneo, e o MI Arián González, que rematou campión do Circuíto.

Sande, economista coruñés afincado en Ponferrada, despois do 2º posto da semana anterior en Cabana, quedou por diante de grandes especialistas como o MI Diego Espiñeira, e o MF corcubionés Luís Memarde. En clave local destacaron o carballés Alberto Viaño e Óscar Fondo.

Peche a un gran circuito

Broche de ouro para un Circuito que espallou o mundo do xadrez, entre os meses de xuño e outubro, por 11 concellos da provincia (Oroso-Mazaricos-Arteixo-Zas-Cerceda-Val do Dubra-Carnota-Cambre-Malpica-Cabana-Carballo). Era necesario participar en alomenos 6 torneos e xa dende a semana pasada Arián González (de orixe cubana pero residente en Ourense) é o gañador, tras conseguir 3 vitorias, 2 segundos postos e un 5º. Por detrás quedou o MI Diego Espiñeira (Padrón); o propio José Sande, e Antonio Pazos (Ferrol).

Nas categorías especiais houbo un gañador costeiro, Sergio Vilacoba, do Xiria Carballo, que se proclamou vencedor en sub-12.

Agradecementos

A organización, na que está completamente implicado o responsable do Club Xadrez Cabo Touriñán, quere agradecer a colaboración dos concellos (neste caso de Carballo e do Espazo Xove polas facilidades), ademais dos distintos colaboradores e patrocinadores como a Fundación Calvo de Carballo, que ademais de patrocinar o torneo puxo conservas para os pinchos, a Supermercados Gadis patrocinador do circuíto, a revista Peón de Rei e editorial Tell, a Deputación da Coruña que dá nome ao circuíto, a Froitas Fondo e ao seu xerente Oscar Fondo, que ademais das magníficas cestas que ofreceu para sortear puxo unhas bandexas de froita para os pinchos espectaculares, a todos os concellos participantes e aos clubs que apoiaron o circuíto como club xadrez Arteixo, O Toque Xiria Carballo, Xadrez Oroso, Escola xadrez Sigrás, xadrez Irindo, Val do Dubra, Guillán Malpica, Cabo Touriñán, e por suposto a todos os pais e nais que colaboraron.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/poder-costeiro-no-torneo-de-xadrez-de/ https://quepasanacosta.gal/un-corcubiones-competindo-cos-mellores-do-mundo-no-i-maxistral-de-xadrez-de-compostela/

Comentarios