Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Lira deféndese ante a Federación

O Lira deféndese ante a Federación

Este xoves o Comité de Ábritros da Federación Galega de Fútbol rectificaba o parte de sancións da semana anterior e sancionaba con 7 meses ao xogador do Lira que agrediu a un árbitro. Unha sanción que chega tras comprobar o parte de lesións do colexiado, se ben a semana anterior o Comité deixara en 1 partido a sancións ao xogador Álvaro Romero indicando como atenuante a decisión do Lira de sanción internamente ao xogador.

Hoxe, a directiva e os socios clube do CF Lira decide enviar un comunicado á Federación Galega de Fútbol. Un comunicado duro, no que mesmo ameazan que "están dispostos a chegar á xustiza ordinaria se fai falta e ata ao abandono da liga se os acontecementos seguen polo mesmo camiño".

Persecución?

"A directa, xogadores e socios non teñen culpa dos feitos acontecidos, con todo os xogadores e socios senten perseguidos polos arbitros causandonos prexuízos economicos morais e danando a imaxe do club", sinalan, detallando unha conversa no último choque ante o Cabana entre árbitro e colexiado. Segundo denuncian esas palabras incitaron a que algúns afeccionados lle recriminasen o seu comportamento, e incide na "persecución" que din sufrir os carnotáns.

Así "o CF Lira solicita que se lles asignen arbitros imparciais polo ben do deporte e da mocidade".

Esta é o comunicado completo que envían á á Federación Galega de Futbol, ao presidente do Comité de Arbitros e á Conselleria de Deporte:

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios