Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O MáisDeporte dá a volta á Liga de FS de Cee mentres O Pazo e Brasería Carballo vencen as Ligas carballesas

O MáisDeporte dá a volta á Liga de FS de Cee mentres O Pazo e Brasería Carballo vencen as Ligas carballesas

Como están as Ligas de FS de Cee e Carballo (xa saben que tamén mantemos a actualidade en www.futboldacosta.com das de Corme-Ponteceso, Malpica e Mazaricos). Esta semana está sendo clave na Liga ceense, mentres por Carballo xa afrontan a segunda fase.

Falta unha xornada en Cee

Liga FS Costa da Morte

Era a penúltima xornada e había duelos directos nas dúas divisións. Na 1ª, a Cantina, actual campiona e líder, recibía ao Máis Deportes, 2º a un punto de distancia. O pavillón de Cee ateigouse para ver o luns o choque entre ambos, e que finalmente quedou na casa. Faltaba Bruno e a Cantina botou en falta a súa pegada, mentres que MáisDeporte solventou mellor a baixa de Juanjo. Tiveron queremontar os ceenses despois de que os fisterráns marchasen a descanso co 1-0 no marador. Agora e colócanse os MáisDepote, a falta dun partido, con 2 puntos de vantaxe, polo que necesitarán gañar na última xornada a todo un Clínica Sar, 3º, para certificar o título. Deulle a volta o cadro amarelo pero necesita cercioralo a vindeira semana.

Na 2º, o Estrella Roja conseguíu empatar co líder, o Pichín, polo que aínda ten opcións de ascenso. Pasan porque non perda este xoves o Pub Nerio-Mario de Marta con Auto Xallas, ou esperar a última xornada, na que o Nerio xogarase o ascenso ante o líder.

Resumo da Liga Regular Alonso Moda de Carballo

Cerveceria O Pazo da Liga FS de Carballo O Cervecería O Pazo da Liga FS de Carballo-Foto- D&I

O Brasería Carballo para ser campión non podía errar na última xornada xa que tanto o Cervecería Troula coma o Cervecería Boa Estrela 1 esperaban un erro destes para conquistar o título de liga, pero o Brasería Carballo non errou e conseguiu acabar na primeira posición do grupo azul da Liga Regular Alonso Moda, iso si fíxoo con sufrimento xa que tan só puido vencer a un irregular Interfutsal-Deportes San Remo por un axustado 3-2.

No que respecta ao grupo vermello, o Cervecería O Pazo comezou a tempada cun empate pero contabilizou o resto dos seus encontros como victorias algo que lle permitiu facerse co título do grupo vermello da Liga Regular Alonso Moda, por diante de equipos coma o Explotacións Porcinas Porto do Souto e o Cervecería Ágora-Talleres Capelán, os cales se mostraron moi regulares durante toda a competición.

Ademáis na novena e última xornada do campionato regular decidíronse os diferentes trofeos que outorga a organización da liga. O trofeo Fair Play patrocinado pola Clínica Dental JF Lorenzo foi para o Cafetería Habanos 79 no grupo azul e para o Cervecería Ágora-Talleres Capelán no vermello con tan só 37 e 32 faltas, respectivamente, en nove partidos.

Por outra banda, os Pichichis Mar de Menta Viaxes, un foi para Mario Rodríguez do Cervecería Boa Estrela 1, quen anotou 21 goles en nove encontros e o outro para Pedro Mourón, un habitual desta parcela na competición, o cal marcou un total de 23 goles.

Mentres que os trofeos Zamoras patrocinados por Deportes San Remo foron para César Rama do S2 Informática e para Diego Mayo do Cervecería Ágora, quenes recibiron 23 e 16 goles, respectivamente, en nove xornadas.

Os Playoffs carballeses, xa en futboldacosta.com

Unha vez rematada a Liga Regular Alonso Moda, dan comezo as ligas de playoffs. Os luns, o Brasería Carballo e o Cervecería O Pazo loitarán pola Liga Concello de Carballo xunto co Cervecería Troula, o Cervecería Ágora-Talleres Capelán, o Cervecería Boa Estrela 1, o Explotacións Porcinas Porto do Souto e o Cervecería Boa Estrela 2.

Por outra banda, os martes e os mércores, o Asesoría Cervantes, o Bar Rosalía, o Hotel Pazo do Souto, o Interfutsal-Deportes San Remo, o Mesón do Pulpo-Ralarsa, o Restaurante Río Sil e o S2 Informática loitarán pola Liga AD Carballo.

Mentres tanto, os mércores e xoves, o Bar A Vila, o Cafetería Habanos 79, o Panadería Añón, o Restaurante Pementa Rosa, o Unión Norte e o A de Pako-The Phone House pelexarán por conquistar a Liga patrocinada por DonClic.

 

Novas relacionadas

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios