Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Manuela Rial afiánzase no liderato da Liga Galega

O Manuela Rial afiánzase no liderato da Liga Galega

Os infantís do Manuela Rial disputaban este sábado en Lugo un partido onde estaba en xogo o liderato da Liga Galega ante o Emevé. O partido comeou con moitos nervos e fallos continuos polos dous bandos, chegando moi igualados o final do set onde dous erros non forzados dos nosos xogadores regalaban este primeiro set os lucenses.
A partir dese momento os xogadores adestrados por Luís Alberto Fernández centráronse e puideron gañar comodamente o 2º set. Nos seguintes sets mantiveron esa superioridade pese a igualdade no tanteo e conseguiron vencer o partido, cun resultado final de 1-3 (25-23 / 12-25 / 22-25 / 25-27).

Con esta vitoria o Manuela Rial asegura a súa participación na Fase final do Campionato Galego e agora o seu obxetivo será acadar unha vitoria que lles permita rematar coma primeiros na liga para ter mellores cruces nese campionato.

Os cadetes a piquess

En categoría cadete masculino, o Voleibol Dumbría non tivo tanta sorte e perdeu nun gran partido por 3-2 (25-15, 25-22, 23-25, 23-25 e 15-13) ante o Emevé en Lugo. Os dumbrieses contaban con numerosas baixas por lesión e desprazáronse a Lugo con só 3 xogadores cadetes, e o resto eran infantís. No primeiro set empezaron moi frouxos e os lugueses, terceiros na clasificación, foron moi superiores. No segundo set os dumbrieses foron por diante até o final do mesmo, perdéndoo no último momento. A partir de aí os nosos xogadores reaccionaron impóndose nos dous seguintes sets, tendo que disputar o 5º e definitivo. Neste último set chegamos a ir por diante no marcador 4-11, pero unha serie de erros incomprensibles en ataque fixeron que os lugueses se puxesen por diante e acabasen dándolle a volta ao marcador para finalizar no 15-13 definitivo.
A pesar desta derrotar os dumbrieses quedaron cun bo sabor de boca despois do gran partido disputado e colócanse 4º na clasificación da liga galega.

mala xornada para as rapazas

En categoría feminina, as derrotas foron claras, as únicas que ofreceron certa resistencia foron as cadetes que gañaron un set.

  • Infantil feminino: EMEVE - Manuela Rial (3-0) (25-6 / 25-14 / 25-10)
  • Cadete femenino: EMEVE - Voleibol Dumbría (3-1) (25-16 / 25-18 / 20-25 / 25-15).
  • Xuvenil femenino: EMEVE A - Voleibol Dumbría (3-0) (25-12 / 25-21 / 25-13).

Vindeira cita

Este domingo en Dumbria xogase a seguinte xornada da Liga Galega.

  • Infantil femenino: Manuela Rial - Orense 10:00h.
  • Infantil masculino: Manuela Rial - Orense 10:30h.
  • Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría - Orense 11:30h.
  • Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Orense 12:00h.
  • Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Orense 13:00h.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios