Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Manuela Rial arrasa nos campionatos intercomarcais de volei

O Manuela Rial arrasa nos campionatos intercomarcais de volei

Se a semana pasada eran os cadetes do Volei Dumbría os que nos daban unha alegría, esta semana tócalle aos máis pequenos. Os equipos benxamín masculino, alevín masculino e alevín feminino do acadaron este sábado os campionatos da Fase Intercomarcal da zona Noia-Santiago de voleibol, demostrando a sua superioridade neste deporte durante anos na zona.

As rapazas alevíns, adestradas por May Cerviño, tiñan que xogar contra Noia no partido que daba a primeira praza do campionato. As ceenses xogaron un bo partido e venceron con claridade ainda que sufriron o principio do segundo set.

Pola súa banda os alevíns venceron a Rianxo e a Ames, aínda que xa tiñan o campionato asegurado, ao igual ca os benxamíns, que tampouco se relaxaron e venceron a Rianxo, Lousame e Ames.

Con estos triunfos os equipos do Manuela Rial xogaran en A Coruña o campionato provincial o sabado 21 de abril nas tres categorías.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios