Luns. 26.08.2019
El tiempo

O Manuela Rial marcha a Guadalaxara polo Campionato de España de Voleibol

O Manuela Rial marcha a Guadalaxara polo Campionato de España de Voleibol

Onte recibíaos a alcaldesa de Cee no Concello. E hoxe mesmo, 19 de xuño, parten camiño de Guadalaxara para a disputa do Campionato de España de Voleibol. Falamos do equipo infantil do colexio Manuela Rial Mouzo, pertencente ao Club Voleibol Dumbría, que ata domingo, ten cita co deporte a nivel estatal, tras proclamarse Campións Galegos.

Coa participación neste torneo o club dá por finalizada unha exitosa tempada en sala, destacando os seguintes resultados: Campións galegos e da Liga Galega en infantil masculino, bronce no Campionato Galego cadete masculino, Campións Provinciais en alevín masculino e subcampións no feminino e no benjamín mixto.
Uns éxitos que se unen aos acadados no atletismo, ou nas categorías inferiores de fútbol, cos cadetes ascendidos á Liga Galega, e os infantís a piques de facelo. A semana que vén faremos un repaso polo deporte dumbriés.

Campionato de España

Unha vez realizado o sorteo, o equipo quedou encadrado no grupo F e enfrontarase nesta primeira fase ao equipo catalán de Vall D´Hebron, aos murcianos de Raíña Caravaca e ao Motilla de Cuenca. O debut no torneo será o día 20 ás 13:00 h. contra o equipo catalán, a priori o máis forte do grupo. Ese mesmo día a partir das 20:00 h xogarán o segundo partido contra Caravaca e finalmente o día 21 ás 13:00 xogarán contra Motilla. O obxectivo principal é quedar entre os dous primeiros de grupo para pasar ao seguinte, no que se disputarían as 12 primeiras prazas deste torneo. Os dous últimos de cada grupo xogarían as posicións do 13 ao 24.

O principal obejtivo que se marca o club é finalizar entre os 12 primeiros deste Campionato, pondo deste xeito o broche final a unha tempada magnífica.

O equipo dirixido por Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga desprazará á cidade manchega aos seguintes xogadores:

  • Colocadores: Manuel Marcote e Maikel Cambeiro.
  • Centrais: J. Manuel Avó, Xavier Soto, Samuel Sambade e Alberto Sampedro.
  • Receptores: David Redonda, José M. Bermúdez e Juan Bautista Marcote.
  • Opostos: José M. Caamaño e Unai Larrañaga.

Patrocinadores

O equipo quere agradecer aos diferentes patrocinadores para poder participar no torneo, xa que sen o seu inestimable axuda isto sería imposible. O Voleibol Dumbría farase cargo do custo da viaxe, mentres que da estancia farao o propio Colexio Manuela Rial Mouzo e as seguintes casas patrocinadoras: Macote Auto, Centro Comercial Finisterrae, Estación de Servizo Bazarra, García Bouzas, Lareira, Corbelle e Labralia. Tamén colaboraron cos equipamentos Cabo Sport e Imprenta Paco.

Novas relacionadas

Comentarios