Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Muros máis celeste vai a Riazor para ver á Selección Galega

O Muros máis celeste vai a Riazor para ver á Selección Galega
Seleccion Galega contra venezuela

Xa saben que o vindeiro 20 de maio, ás 20:30h, Riazor acolle un partido moi especial. A Selección Galega enfrontarase á Venezuela, e toda a bisbarra tamén o vivirá de xeito especial.

Desta volta, a Peña Muradana Celtista “Cuadrilla de Pepa a Loba”, en colaboración ca Federación Galega de Futbol, vai organizar buses para ir ver o partido da Selección.

A saída será de Lariño ás 17.30, con paradas en Louro, Muros e Serres; e dende Esteiro ás 17:30h, con paradas en Tal, Abelleira e Torea. A volta despois do partido.

Xa poden reservar praza ata o venres 13 de maio no Pouso, Muradana e Varadoiro, en [email protected] ou whatsapp 629563342.

Selección Galega

Os adestradores Fran e Míchel Salgado fixeron a seguinte convocatoria:

XOGADOR POSTO EQUIPO
Mariño Porteiro Levante
Sergio Álvarez Porteiro RC Celta
Hugo Mallo Defensa RC Celta
Barragán Defensa Valencia CF
Álex Bergantiños Defensa RC Deportivo
Jonny Defensa RC Celta
Roberto Lago Defensa Getafe
Angeliño Defensa Manchester City
Pedro Mosquera Medio RC Deportivo
Trashorras Medio Rayo Vallecano
Fran Rico Medio Granada
Juan Domínguez Medio RC Deportivo
Álex López Medio Sheffield Wednesday
Iago Falque Mediapunta Roma
Jota Peleteiro Mediapunta Eibar
Denís Suárez Mediapunta Villarreal
Iago Aspas Dianteiro RC Celta
Lucas Pérez Dianteiro RC Deportivo
Joselu Dianteiro Stoke City
Santi Mina Dianteiro Valencia CF

Fonte

Comentarios