Venres. 26.04.2024
El tiempo

O peques toman o relevo no Fútbol costeiro

O peques toman o relevo no Fútbol costeiro
Benxamins do Fisterra Campions de F8

Esta semana arrincan varias ligas nas que os máis pequenos son os protagonistas. As categorías Infantil, Alevín e Benxamín comezan dúas competicións de F8 e de Fútbol Sala. E en QPC intentaremos facer un seguemento completo, e de feito xa temos todos os calendarios inseridos na nosa plataforma www.futboldacosta.com.

Ligas de F-8 Costa Sur

Así, a Federación xa nos enviou os calendarios das Ligas F8 Costa Sur - Alevín e de F8 Costa Sur - Benxamín. Unhas ligas que arrincan esta fin de semana coa maior antención.

Temos entre as dúas competicións 23 equipos, con algún repetido, pois vemos como o XSC, a Esteirana e Os Miúdos presentan equipos A e B.

As LCFs Costa da Morte teñen que esperar

E tamén, un ano máis o Club Deportivo Costa da Morte organiza unha nova edición da Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte. Esta será a XVII edición e ía comezar esta fin de semana, pero na mañá deste venres 15 de novembro, o Clube Deportivo Costa da Morte recibiu por parte da Secretaría Xeral para o Deporte unha comunicación informando que debíamos aprazar o inicio da competición da Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte. Este comunicado chega xusto un día despois de que deran autorización para poder iniciar dita competición. Parece ser que o problema principal é que o proceso de contratación do servizo de transporte para estas competicións aínda non está rematado polo que, a día de hoxe, non hai unha empresa adxudicada.
De momento non deron ningún tipo de prazo e non saberemos cando poderíamos comezar.

A competición acolle un total de 21 equipos repartidos en tres categorías (benxamín, alevín e infantil). E xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com.

As categorías benxamín e alevín xogarán unha liga regular e estarán divididos en dous grupos. Ó remate da fase regular os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos enfrontaranse entre si en semifinais e os gañadores disputarán as finais comarcais. Os equipos que se proclamen gañadores comarcais optarán a xogar a fase intercomarcal.
Unha vez rematada a liga regular realizarase unha fase final á que pasarán os dous primeiros clasificados de cada un dos grupos en categoría benxamín e alevín. Dita fase celebrarase en dúas xornadas:
- Semifinais (1º Gr 1 vs 2º Gr 2 // 1º Gr 2 vs 2º Gr 1).

En categoría infantil sí se xogará a fase de semifinais e posteriormente a final. Unhas semis que enforntarán a:
- As Baleas vs Manuela Rial EF.
-Corucubión vs C Fisterra.

Os equipos participantes son os seguintes:

GRUPO 1 GRUPO 2
Fisober FSF C Muxía
C Dumbría A. Olimpia - Cee
EMF Vimianzo As Baleas B
As Baleas A Manuela Rial
C Fisterra EF Corcubión

Calendario e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios