Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: O Santa Comba toma de novo o mando

Xuvenil Sur: O Santa Comba toma de novo o mando
O empate do Soneira en Muros permite que o Santa Comba volve coller, en solitario, o liderato da liga. Unha vitoria sufrida a dos xalleiros ante un Corcubión, que será xunto Cee, Muros e Fisterra, un dos xuíces da Liga. Precisamente o Fisterra sorprendeu cunha goleada ao Cee na súa volta a Ara Solis que serviu para agradecer o ben que o equipo ceense acolleu á SD todo este tempo de obras no campo. E lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca ZonaZero. A Discoteca prepara unha boa festa para o Venres de Fin de Ano, a disco abre a partir da 1:00h e ata que o corpo aguante cos Djs residentes e o Grupo D´Moda. Para o mesmo sábado día 1, tamén hai festa na Discoteca ZonaZero, en horario habitual, pero co sorteo de 5 Blackberry de última xeración.

Santa Comba - Corcubión (4-3)

  • Santa Comba: Pablo, Martín, Sergio, Daniel, Francisco, Javier, Marcos, Diego, Roberto (Jose Manuel min.84), Pablo Pérez (Marcos Recarey min.89), Iván.
  • Corcubión: Abe, Chema (David min.70), Marcos, Sergio (Denís min.30), Pablo, Lema, Toni, Iván (Roberto min.79), Pico (Kike min.75), Brais, Manu.
  • Goles: 1-0, min.6: Martín de penalti; 1-1, min.11: Brais; 1-2m min.19: Manu; 2-2, min.21: Pablo Pérez; 2-3, min.24: Brais; 3-3, min.30: Iván; 4-3, min.56: Pablo Pérez.
Encontro moi emocionante o vivido no Municipal de Castriz., con 6 goles nos 30 primeiros minutos. O encontro retrasouse un par de minutiños xa que o arbitro chegou cando so quedaban 15 minutos para o comezo. Comezou adiantándose o Santa Comba tras un claro penalti que transformou Martín para o equipo de Anxo. Pero nunha xogada típica do Corcubión, Brais, tralo saque dunha falta en longo, collería o rexeite e batería ao porteiro. Ademais, 8 minutos máis tarde, nunha contra Manu, co porteiro adiantado, marcaría pola escuadra en darlle a posibilidade de chegar a tocalo balón. O Santa Comba non se viría abaixo e seguiría atacando e noutro erro da defensa, marcaría Pablo fusilando por baixo tras un rexeita na area. Pero 3 minutos despois Brais, o goleador do equipo e protagonista nestas ultimas xornadas, poría ao Corcubión outra vez por diante. Como o partido estaba tolo o Santa Comba foise carra arriba e aproveitaríase doutro erro da defensa para poñer a igualada no marcador ate chegar ao descanso. Nesta primeira metade veuse bo fútbol por parte dos dous equipos que foron a gañar o partido en todo momento. A segunda metade comezou sen cambios, os dous equipos seguiron indo cara a portería contraria, tendo moi boas ocasión o Corcubión para volver a adiantarse pero por mala sorte ou falta de definición, non foi capaz de marcar. Pero si seria o equipo local o que, no minuto 56, que marcaría para poñer o resultado final no marcador. Cabe destacar que Abelleira parou outro penalti, o seu rexeite e outra vez o rexeite que faría que os poucos asistentes quedaran abraiados. Poucos minutos despois seria expulsado o adestrador visitante Alfonso, por protestar o primeiro cartón amarelo, e por non situarse na area técnica o segundo, todos no mesmo minuto. O curioso e que ningún campo da costa ten o que eles chaman “area técnica” e o adestrador estaba situado entre o banquillo e o liña do medio campo.

Outes - Esteirana (0-3)

  • Outes: Yona, Oscar, Mosto (Pesi, min.70), Juan, Pablo, Rubén (Chía, min.55), David (Edu, min.53), Sergio, Alex (Alfonso, min.65), Piki, Piti (Ceclam, min.80).
  • Esteirana: Carrilo (Mané, min.75), Racha (Nico, min.60), Meco, Abel, Moncho, Eloy, Jacobo, David, Bruno (Ruso, min.70), Paluca, Adrián (Llumber, min.65).
  • Goles: 0-1, min.30: Bruno; 0-2, min.35: Eloy; 0-3, min.70: David.
  • Expulsión: o xogador local Piki.
Derbi sureño no que puido ser o mellor encontro dos esteiráns nesta campaña. Prantexou Uru o encontro con 5 xogadores no medio e sempre tiveron superioridado, recuperando rápido e tocando ben o balón. O Outes tiña as súas oportunidades e Sergio malgasto varios mans a mans co porterio. Pero foi máis efixaz o equipo esteirán que por medio de Bruno e Elou case que sentenciaba o partido á media hora de xogo. David remachou na segunda metade ao de Manu Roque e Tomé.

Muros - Soneira (2-2)

  • Muros: Iago, Santi de Pura (Modesto, min.60), Berni, Javi de Vistete, Fernando, Jesús, Óscar, Álvaro de Balo (Iván, min.75), Santi Chuvasco (Minos,min.70), Gabriel el Guapo (Diego, min.80), Geico.
  • Soneira: Bonano, Vicente, Marcos (César, min.25), Alberto, Pichón, Maior (Rubén, min.70), Dani, Cristian, Cachirulo (Suso, min.25), Ismael, Basti.
  • Goles: 1-0, min.5: Óscar de penalti; 2-0, min.15: Javi de Vístete tras unha falta lateral; 2-1, min.40: Cristian; 2-2, min.55: Alberto.
  • Lesión: o soneirán Maior cun mes de baixa por unha escordadura de xeonllo.
partido bonito entre dous equipos que gustan de xogar. Saiu o Muros moi metido no partido e xa se puxo 2-0 en 15 minutos. Púxose o mono de traballo o equipo de Moguel tralos dous cambios para atallar a superioridade física nos balóns aéreos. Antes do descanso recurtou Cristian e xa aos 10 minutos da volta do descanso empatou Alberto. A segunda metade foi moi intensa e vibrante cun lixeiro dominio visitante pero a lesión de Maior mermou o potencial na media dos soneiráns. Ambos equipos tiveron ocasións para levar o partido. Un gol anulado a Basti e tiro ao longueiro de Suso foron as chegadas máis claras dos de Miguel. Pola banda local, o Muros intentaba sorprender á contra e proestaron unha xogada na área visitante que puido ser penalti e/ou cesión.

Fisterra - Cee (5-0)

  • Fisterra: David, Roberto, Jorge, Manuel, Juan (Lobelos), Tati, Martín, Gonzalo (Miguel), Cristian, Bruno (Isqui), Carlos (Chiqui).
  • Cee: Sergio (Adrián, min.50), Iago, Moncho (Corbelle, min.70), Rubén, Ismael Trinidad (Armando, min.46), José Antonio, Isma Lamela, Diego Cespón, Uri (Santi, min.65), Sergiño, Chiru.
  • Goles: 1-0, min.20: Martín; 2-0, min.35: Bruno; 3-0, min.55: Tati de falta; 4-0, min.60: Carlos; 5-0: Martín.
Partido dominado con conxuto local na súa volta a Ara Solis. Foi probablemente o mellor partido dos de Senra, e o peor do de Jose Carlos, que tiñan 3 baixas importantes en defensa. Os locais controlaron a un Cee capaz do mellor e do peor. Diego Cespón estivo perfectamente controlado por Tati e Martín, e non puido liar coa dianteira. Así os tantos locais foron chegando ata completar a goleada. A SD tivo un bonito xesto coa UC Cee por todo o ben que acolleu ao clube fisterrán durante todo o tempo que Ara Solis estivo en obras. Os xogadores amosaron unha pantacarta de agradecemento coa lenda "Gracias UC Cee", que sorprendeu moi gratamente á directiva ceense.

Dumbría - Mazaricos (Aprz.)

O encontro dispitarase este xoves 23 de decembro ás 17:00h.

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios