Venres. 29.03.2024
El tiempo

Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero

Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero
A pasada fin de semana celebrouse na localidade de Sabero - Castela e León - a terceira copa de slalom olímpico en augas bravas. Ata alí desprazáronse os dous clubs costeiros, con grandes resultados:

Dúas medallas para o Sen Siras

O padaxeiro Jorge Quintans acadou a medalla de bronce na categoría k1. Imaxe O padaxeiro Jorge Quintáns acadou a medalla de bronce na categoría k1. Imaxe: Rosa Fernández Carrera

O club Sen Siras estivo representado por Jorge Quintáns e Aarón Rey como competidores e Francico Fernández como abridor. "A adecuación que se levou a cabo no cauce do río Esla para a práctica deste deporte, deu como resultado unha canle de augas bravas de dificultade media e moi divertida para remar" sinalan dende o clube mazaricán. Jorge Quintáns, logrou a medalla de bronce na categoría k1 logo de facer un cuarto posto o sábado e un segundo o domingo. Impúsoxe así o segundo día ao padexeiro do Cadí Pau Etxaniz e foi superado só por Miquel Travé, do mesmo clube. Jorge tamén se fixo coa sexa posición en c1, empatado a puntos con Pau. O desempate fíxose na proba do domingo, na que Pau quedou por diante, polo que quedou a quinta posición. Pola súa banda, Aarón Rey - de Mazaricos - acadou a medalla de ouro en k1 veterano, logo de gañar as dúas probas. O sábado conseguía facerse ca primeira posición moi axustado con Emilio Rodríguez, dos Teixugos. O segundo día das probas, Aarón conseguíu marcar máis distancia e facerse así co primeiro posto con máis marxe, seguido a case catro segundos de Emilio e máis de dez do terceiro clasificado, Raul Barba, do Atlético San Sebastian. Francisco Fernandez participou na terceira copa de slalom olimpico en augas bravas Francisco Fernández participou na terceira copa de slalom olímpico en augas bravas. Imaxe: Rosa Fernandez Carrera Francisco Fernández acudiu a proba como abridor. O tamén mazaricán é infantil de segundo ano e a próxima tempada competirá como cadete. "É importante que este ano se adapte as que serán as súas probas a partir do ano que ven", sinalan dende o clube Sen Siras. O padexeiro remou moi ben toda fin de semana, pagando a inexperiencia neste tipo de canles cunha volcada, que solucionou perfectamente realizando a maniobra do esquimotaxe, pero que fixo se saltara tres portas mentres ía ca cabeza por debaixo da auga.

Lorena Costa, medalla para o CDM Piragüismo Dumbría

Lorena Costa en Sabero Lorena Costa en Sabero Non foi casualidade o triunfo de Lorena Costa na Copa de España de Slalom en Irún, e proba delo é o seu segundo posto acadado onte na vila leonesa de Sabero, cunha excelente manga na xornada do domingo que a levou a quedar a apenas 10 centesimas da gañadora da competición e compañeira de Lorena no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a dominadora da categoría e cadete de segundo ano Ainhoa Lameiro do Club Penedo. Po la súa banda, Iago Canosa fixo a súa mellor competición dende que é senior, cun excelente cuarto posto na xornada do sabado, plantexando a proba con máis cabeza ca nunca e sin as precipitacións que eran a marca de indentidade da súa forma de competir, o que o podía levar dende a xenialidade ó desastre. Este bo desempeño nos leva a poder ser moi optimistas de cara os vindeiros Campionatos de España que se disputaran no mes de xullo en Sort Iago Canosa en Sabero Iago Canosa en Sabero A pesar dos exames, que provocaron baixas de última hora na participación dumbriesa, esta foi a proba con máis participantes do CDM Piragüismo Dumbría a nivel nacional no que vai de tempada, e todos facendo unha proba moi reseñable. Kiara Martínez foi quen de colarse na final do domingo no K1 xuvenil femenino, ainda estando todavía moi baixa de forma, na categoría xuvenil masculina Miguel Castro e Cristian Martinez conseguiron completar a competición nun decimo primeiro e decimo terceiro posto que saben a pouco e dan fame de cara a vindeiras competicións, igual que Brais Perez, que despois dunha excelente proba se viu relegado a un discreto trixésimo posto. Acudiron tamén a esta proba coma abridores Marcos Sanchez e Xiana Castro, rodandose de cara as vindeiras probas da Copa de España de Infantiles que arrancará en Xullo.

Vindeira proba

A próxima cita será o campionato de España en Sort (Lerida) a finais do mes de xullo. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios