Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Sofán queda só na Copa Deputación

O Sofán queda só na Copa Deputación
Xallas Sofan na Copa Deputacion-Fotos Luis Gonzalez Xallas e Sofan enfrontáronse na Copa Deputacion-Fotos Luis Gonzalez

Disputánbase este pasado mércoes 1 de agosto os Dezasesavos de final da Copa Deputación. Despois de que a previa xa deixase fóra a varios dos nosos clubs, agora só o Sofán pasou a Oitavos, onde se enfrontará precisamente a todo un Boiro que botou, nos penaltis, ao Soneira.

Iso si, o Bergantiños feminino aínda teñen este domingo 5 (ás 19:00 nas Eiroas), o premio da visita do Depor Abanca.

Xallas - Sofán (0-1)

Xallas na Copa Deputacion Xallas na Copa Deputacion-Foto-Luis González
  • XALLAS: Julián Couto, Rubén, Madiop, Alex Canedo, Dani Becerra, Baba, Iago Garrido, Julián López, Abel (Kevin, m.58), Marcos (Cristian, m.81) e Alex Blanco (Doro, m.58).
SD Sofan na Copa Deputacion SD Sofan na Copa Deputacion-Foto-Luis González
  • SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Sera, Canedo, Jonathan (Juanjo, m.57), Eibe, Luis (Nacho Moreno, m.88), Matías (Alexandre, m.57), Fabián e Quintela (Rubén, m.78)
  • Gol: 0-1, m.68: Alexandre aproveita unha deixada de Quintenla.

Enfrontaranse na 1ª xornada da Preferente, e a de onte serviu de proba para ver como andan as forzas. Xallas e Sofán medíanse nun campo de Fontenla onde aínda non se albiscan as obras.

Foi un choque intenso, con moito ritmo, con ocasións dende moi cedo da man de Baba e Alex Blanco (Canedo paroulle un gol cantado) por parte do Xallas e da man de Luís por parte sofanista. O Sofán tomaba o mando e Luís marraba unha pena máxima.

A segunda metade seguiu cun lixeiro dominio visitante pero chegadas nas dúas áreas, pero foi só a SD a que conseguíu romper a igualada. Rumbo fixo varias paradas que evitaron a igualada.

Soneira - Boiro (1-1)

  • Goles: 1-0, m.60: De la Sierra; 1-1, m.90.

Un partido moi igualado na primeira metade con escasas ocasións de gol. A máis clara de Sito que marrou en boca de gol. Na segunda metade adiantouse o cadro de Pedro Gómez cun gol de De la Sierra. O Boiro fallou un penalti e mandaron un balón ó pau, pero tamén os soneiráns perdoaron claras ocasións de gol para sentenciar, como un man a man de Pichi, outro de César e outro de Fran. O Boiro conseguía empatar na última xogada do partido, nunha clara falta a Aarón nunha falta lateral. E nos penaltis a sorte foille esquiva ao cadro costeiro.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-copa-deputacion-serviu-para-que-9-equipos-estreasen-nova-temporada/ https://quepasanacosta.gal/xallas-e-sofan-abriran-a-campana-nunha-preferente-marcada-pola-novidade-das-apostas/ https://quepasanacosta.gal/9-equipos-da-costa-comezan-a-copa-deputacion/

Máis información

https://quepasanacosta.gal/o-mercado-de-fichaxes-do-futbol-da-costa-sempre-actualizado/

Comentarios