Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O tenis de mesa colle forzas en Zas

O tenis de mesa colle forzas en Zas
Tenis-de-mesa-AD-Zas O AD Zas Ponciano Nieto (esquerda) e o Galmédica Ourense xogaron o pasado sábado en Zas un dos partidos da 2º división nacional O ximnasio do CPI de Zas viviu a pasada fin de semana unha intensa xornada de partidos de tenis de mesa. Alí dispútaronse unha boa parte dos encontros das ligas nas que participa o AD Zas. Analizamos os resultados con Stevo Lema. 2ª división nacional
  • AD Zas Ponciano Nieto – Galmédica Ourense TM: 3 - 4
Estivo moi próximo á súa primeira o AD Zas Ponciano Nieto, e desta vez chegouse ao definitivo partido de dobres pero non estivo aí a clave para lograr o primeiro triunfo senon que estivo no partido entre Rodrigo e o recén fichaxe dos zasences, Eduardo Quintela. Este no seu debut despois de moito tempo sen entrenar e sen xogar non encontrou o seu ritmo para gañar como sí despois o conseguiu contra Antonio López. Moi ben Miguel Rey que gañou os seus partidos e sobre todo a un Emilio Dieguez ao que fai meses consideraba inaccesible, as gañas dunha victoria e as expectativas de conseguila dan moitos ánimos. Tamén sufriu para gañar o primeiro partido ao defensivo Antonio Gómez pero xa saben os de Ponciano Nieto que non van ter ninguna victoria fácil. Unha mágoa que non rematase Gonchu o bo comenzo do último partido no que gañou o primeiro set pero a veteranía deo visitante Rodrigo impúxose aos ímpetus do local. Logo no partido de dobres faltou compenetración entre Eduardo e Miguel pois foi a primeira vez que xogaban xuntos e iso aproveitaronno os ourensáns para levarse os tres sets e en definitiva o encontró por ese axustado 4-3 que deixasen victorias ao AD Zas Ponciano Nieto pero con moitas expectativas de conseguir victorias. 1ª nacional Femenina
  • AD Zas Aluminios Xeal – CTM Coruña: 4-2
  • Breogán Oleiros Femenino – CTM Coruña: 5-1
  • AD Zas Aluminios Xeal – Breogán Oleiros Femenino: 4-2
1ª division galega
  • Concello de Mazaricos – AD Zas Construcciones Cernadas: 4-3
Outro encontro axustado entre os dous equipos do club AD Zas na categoría e outra vez o volveron a gañar os mazaricáns. Nesta ocasión, os partidos foron máis curtos en canto a sets disputados pero non en canto a loita e pelea dos puntos a conseguir. Moi ben José Ángel e Alejandro  por parte dos de Mazaricos que foron os que conseguiron os 4 puntos da victoria nos seus partidos individuais. Con esta victoria os de Mazaricos seguen coas opcións de estar nos postos altos de cara a un futuro ascenso. 2ª división galega
  • AD Zas O Pinar – AD Zas Dimobel Bazar Baio: 0-4
Pouco que contar deste encontro onde os veteranos se impuxeron aos mais novo máis pola tranquilidade demostrada á hora de xogar que polo xogo en sí mesmo. Resaltar o partido igulado entre Miguel e Matteo, dous xogadores que empezaron xuntos a entrenar e que seguen mellorandoao mesmo nivel. Aos principiantes, e non tan principiantes, os nervios non lles deixan xogar coa tranquilidade coa que entrenan pero pouco a pouco vaise conseguindo.
  • Concello de Santa Comba – SD A Baña: 4-3

Moitos apuros pasou o líder do grupo para superar aos de A Baña e tiveron que esperar ao último partido. Moi ben todos os xogadores de SD A Baña aos que se lles nota que van tomando os entrenos con seriedade, algo difícil cando un é novo. Por parte dos de Santa Comba máis ben parece que o toman con demasiada tranquilidade e nese senso levarán mais de un tropezo. Neste deporte todos somos amigos pero nos partidos no se regala nada.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios