O tenis de mesa costeiro aguantou o temporal
Completa xornada a que se vivíu esta pasada fin de semana no ximnasio do CPI de Zas. Un ximnasio que aguantou as embestidas do temporal, non así como o da Estrada, que sufriu varios desperfectos que obrigaron a que varios partidos se aprazasen ata o 19 de febreiro.
3ª División Nacional
- Resultado: AD ZAS PONCIANO NIETO - SD HÍPICA (5-1)
Con toda a artillería, ou mellor dito, co equipo de gala (Gonchu, Fagín, Miguel Freire e Brais Blanco) esperou o AD Zas a SD Hípica, pois non as tiñas todas consigo para a vitoria despois de que a SD Hípica se reforzase cun xogador (Fernando Prego), xa veterano, e que viña de acadar uns resultados de vitorias por cada partido disputado. Con esas premisas os de Zas tiñan que asegurarse polo menos os outros puntos e así o fixeron. Os partidos bonitos foron contra Fernando Prego donde este superou por 3-2 a Gonchu no primeiro partido pero logo sucumbiu ante un excepcional Andrés Fagín nun partido moi igualado (10-12, 11-6, 12-10, 10-12, e 12-10). Esto permitiu que despois da vitoria de Gonchu sobre Monroy puidese xogar Brais Blanco no sitio de Miguel Rey que na primeira ronda de partidos se tivera que esforzar para non verse sorprendido por Monroy./p>
1ª División Galega
- Resultado: AD ZAS CONSTRUCCIONES CERNADAS - CTM CORUÑA (6-0)
Vistos os resultados dos partidos pode parecer fácil a victoria do AD Zas Construcciones Cernadas (Angel García, Stevo, Miriam Domínguez e Raúl López) ante as veteranas do CTM Coruña. Pero nada máis lonxe da realidade, pois elas loitan cada punto e cada bola que xogan e como te descuides fan puntos e non te explicas como foron. Se non, que o diga Ángel García que se viu superado no primeiro set que xogou e logo despois de ir gañando 7-1 comprobou como lle empataban 7-7. Logo destes avisos os de Zas xogaron a tope e así tanto Ángel como Miriam gañaron os seus partidos. Tamén Stevo fixo o seu punto máis por veteranía que por xogo. Despois ao final partido moi reñido entre Raúl López e Estefania Bolaño, donde o local remontou un 1-2 en contra e un 8-10 no cuarto set.
Logo os catro equipos foron desfrutar, como xa é habitual cando se xoga en Zas, dun aperitivo nos locales de Zas.
2ª División Galega
- Resultado: AD ZAS O PINAR - OROSO TM PELUQUERÍA TIJE (4-2).
- Resultado: VIMIANZO TM - OROSO TM PELUQUERÍA TIJE (2-4).
Puxeron os de Oroso as principiantes contra AD Zas O Pinar (Lara Romero, Tatiana Recarey e J.A. Pazos Varela) e eso permitiu a súa primeira vitoria nesta liga. Logo contra os de Vimianzo (Joel Quintáns, Laura Quintáns e Nico Paz) xa puxeron ao seu mellor equipo e non deron opcións aos vimianceses.
Nesta categoría tiñan que xogar os de Santa Comba en A Estrada pero o temporal inundou o local de xogo e o encontró foi aprazado para o 19 de febreiro. Os de Mazaricos descansaban esta xornada.
Vindeira xornada
- 3ª División Nacional: Sábado 11 de febreiro ás 17:00h no pavillón de Bastiagueiro (Oleiros): Breogán Oleiros – AD Zas Ponciano Nieto.
- 2ª División Galega: Sábado 11 de febreiro a partir das 16:00h no pavillón de A Picota, Mazaricos:
- Concello de Mazaricos – Arteal Ventanas “B”;
- Santa Comba – Licreo Vilagarcía; - Concello de Mazaricos – Liceo Vilagarcía; - Santa Comba – Arteal Ventanas “B”. - 2ª División Nacional Feminina: Sábado 11 de febreiro a partir das 10:30h en Ribadumia:
- B3 Güiusseppe Anthony - Aluminios Xeal;
- B3 Güiusseppe Anthony - SD A Baña. - 2ª Division Galega: Domingo 12 de Febreiro a partir das 10:00h en A Estrada:
- Recreo Cultural de A Estrada “B” – Vimianzo TM;
Recreo Cultural de A Estrada “A” – Vimianzo TM. En 2ª galega descansa o AD Zas O Pinar. - Liga de Afeccionados: O domingo 12 a partir das 16:00h no pavillón de Sigüeiro disputarase a 4ª xornada da liga de afeccionados de Oroso a cal acudirán máis de 30 xogadores da comarca.
Novas relacionadas
- Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia.
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.