Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Transportes Cotelo renova o seu título da Liga de FS de Corme

O Transportes Cotelo renova o seu título da Liga de FS de Corme
Transportes Cotelo da Liga de FS de Corme O Transportes Cotelo volveu gañar a Liga de FS de Corme

Revalidou o título o Transportes Cotelo da Liga de Fútbol Sala de Corme. Cunha xornada de marxe e sen perder partido, o equipo laranxa conseguía vencer na xornada do sábado 1-4 ao Faldra Folk e sentenciar así unha Liga que levaban dominando dende ben pronto. Por detrás quedaron Os Aldeáns, a só 4 puntos, un máis que o Bar Avenida, e dous que o José Alejandro.

O cadro está composto por Martin Torrado, Daniel Cousillaa, Felipe Romero, Adrián Lema, Benxamín Méndez, Joshua Parga, Lucas Rial e Jose Illote, ademais de Eloy García e Alejo Cambón que non saen na foto.

Agora, queda unha xornada de Liga para o vindeiro sábado, pero en breve comezará a Copa, que se disputará nunha liguilla en 4 grupos, pasando os dous primeiros de cada grupo a Cuartos.

Máis información

Crónicas desta tempada

Crónicas do ano pasado

Fonte

   

Comentarios