Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Vila de Cee prepara xa o seu Campus con grandes personalidades

O Vila de Cee prepara xa o seu Campus con grandes personalidades
Campus FSF Vila de Cee 2016

Despois da inmellorable temporada, culminada co triplete na casa, o FSF Vila de Cee xa pensa no curso que vén. E para ir preparando o asalto á Liga Galega, e ir fomentando a base, organiza para xullo o II Campus de Fútbol Sala Vila de Cee.

Do 4 ao 9 de xullo, nenos e nenas de 6 a 15 anos poderán disfrutar do saber dos técnicos locais e dos visitantes:

  • Manuel del Castillo: Director deportivo Viaxes Amarelle.
  • Adríán Martínez Lara ( ADRI): Xogador 1ª División Nacional El Pozo Murcia.
  • Erika Gonzalez Asensio (ERY): Xogadora 1ª División Nacional e Selección Española.
  • Daniel Gonzalez OPiñon: Preparador fisico Selección Española.

Máis información e inscrición

A inscrición está aberta ata o 1 de xullo, por 30€ (25 para socios do Vila de Cee) no 607756868 ou no [email protected]; ou no Servizo de Deportes do Concello.

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios