Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González

O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González
voley-dumbria-vitoria-en-lugo

Volveu gañar, e de novo por un apretado 3-2, o Volei Dumbría, na 6ª xornada de Superliga 2. Ata o definitivo set chegou o emocionante e igualado partido ante todo un histórico do volei galego, o Emeve Lugo, un equipo moi ordenado e competitivo. A igualdade foi máxima como reflicten os parciais de 24-26, 25-22, 20-25, 25-13 e 13-15.

Comezaban os lugueses dominando o primeiro set e chegando cunha cómoda vantaxe de 20-24 a final de set, pero un acertado David Redonda ao saque daríalle a volta ao marcador para acabar impoñéndose por 26-24.
No segundo set os lugueses apretaron desde un inicio e chegaron cunha vantaxe de 20-17 a final de set. A partir de aí 3 erros non forzados dos dumbrieses dar a vitoria ao Emevé por 25-22.

No terceiro set os xogadores da Costa da Morte sairían moi fortes de inicio, encabezados por un gran Néstor González ao saque, para romper o set e ao final lograrían unha cómoda vitoria por 20-25.

No cuarto set os xogadores dumbrieses saíron coa intención de impoñerse desde un principio para poder lograr os 3 puntos, pero non foi así. Os lugueses cun gran xogo en equipo lograrían unha vantaxe de 9-6. A partir de aí, as decisións arbitrales cunha falta de rotación, unha tarxeta vermella ao adestrador e unha expulsión ao colocador dumbriés, descolocarían ao equipo costeiro que aproveitou para reservar homes para o quinto set.

No quinto e definitivo set, os dumbrieses irían ao cambio cunha desvantaxe de 8-5. A partir de aí, conseguirían empatar a 8 o marcador e tras un intercambio continuo de puntos a balanza se desnivelaría a favor do Volei Dumbría para conseguir o 13-15 definitivo liderados polo oposto Néstor González que asinaría un total de 34 puntos ao finalizar o encontro.

Néstor González, ao fondo co 12, foi de novo clave na vitoria do Voley Dumbría Néstor González, ao fondo co 12, foi de novo clave na vitoria do Volei Dumbría

Tras esta vitoria, o Voleibol Dumbría sitúase 5º na clasificación con 7 puntos. O próximo partido serán o sábado día 12 ás 18:00 ante o Arona Tenerife Sur, cuarto clasificado con 10 puntos, no Pabellón Municipal de Dumbría.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios