Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría, Campión Galego Sénior no seu segundo ano en competición

O Volei Dumbría, Campión Galego Sénior no seu segundo ano en competición
Volei Dumbria Campion Galego Senior O Volei Dumbría, flamante Campión Galego Senior

Se facía 7 días que o equipo xuvenil lograba o Campionato Galego en Ourense, este sábado día 23 repetirían no mesmo escenario o equipo senior do Voleibol Dumbría, proclamándose Campións Galegos e logrando o ascenso a 1ª División Nacional. Un fito acadado no seu segundo ano en competición e con moitos xuvenís nas súas filas.

Un duro campionato

Tocaba madrugar, xa que ás 10:00h da mañá disputabase a semifinal ante o Jealsa de Boiro, e ás 6:30h partía a expedición dumbriesa ata a cidade das Burgas. O madrugón fixo meia no equipo da Costa da Morte, xa que pese a gañar por 3-1 con parciais de 25-23 / 21-25 / 25-17 e 30-28, cometeu máis erros do normal e sofreu moito para gañar ós xogadores do Barbanza.
Na outra semifinal o equipo do Calasancias da Coruña desfacíase por un contundente 3-0 o equipo local do V. Burgas.

Ás 19:00h disputábase a gran final entre o gañador da fase regular da liga e gran favorito ó título, o Calasancias da Coruña e o Volei Dumbría, pragado de xogadores xuvenís co obxectivo de preparar o Campionato de España de esta categoría que se está a disputar en Almería, dende o 27 de este mes ata o 1 de maio. Os da Costa da Morte perderían o primeiro set por 17-25, pero mostrarían un tremendo coraxe e tirando do seu mellor volei conseguirían gañar o segundo set por idéntico resultado. O emocionante terceiro set tamén sería para os nosos por un apretado 27-25, destacando a gran actuación de David Redonda que levaría o peso do equipo en ataque facendo os puntos decisivos, e que a postre lle daría o galardón ó mellor xogador do torneo. No cuarto set os xogadores dumbrieses desperdiciaron unha diferencia de 6 puntos a favor, permitindo que os rivais empatasen a 16 no marcador, para finalmente volver a apretar e pechar o partido co definitivo 25-22.

Volei Dumbria Campion Galego Senior 2

O equipo dirixido por Juan Carlos Suárez e Luis Alberto Fernández sería o formado por Manuel Marcote (colocador), David Redonda e Pablo Touriñán (receptores) Gabriel Trillo e Marco Lado (Centrais) Javier Domínguez (opuesto) e Unai Larrañaga (líbero). Tamén xogaron Sergio Quintela, Javi Castro, David Blanco, Alberto Sampedro e Joaquín Lago.

Ascender ou non ascender

Agora toca pensar e facer contas, para ver si finalmente dan o salto a unha categoría superior ou prefiren agardar un ano máis, xa que ao forte do equipo aínda lle queda un ano máis na categoría xuvenil.

Volei Dumbria Campion Galego Senior 3

O Manuela Rial, a gran canteira do Volei costeiro

Dende o Clube Voleibol Dumbría, queren mostrar e agradecer o gran traballo que se está a levar a cabo no Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee ano tras ano. Dos 11 xuvenís que se proclamaron Campións Galegos a semana pasada, 7 sairon dos equipos inferiores de dito centro, e dos 12 que formaron o equipo senior desta semana, 10 foron formados nas categorías inferiores do Manuela Rial.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios