Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Xallas e Iván Raña entre os galardoados da Gala do Deporte de Santa Comba

O Xallas e Iván Raña entre os galardoados da Gala do Deporte de Santa Comba
Máis de 250 persoas acudiron ó Salón de Actos do Multiusos xalleiro para presenciar a 6ª edición da Gala do Deporte de Santa Comba, que organiza a Concellería de Deportes de Santa Comba e que tivo como padriño ó campión do mundo de triatlón e doble diploma olímpico, Iván Raña. Foi todo un espectáculo ameno e emotivo, cun amplio despliegue audiovisual, para premiar ós éxitos acadados polos deportistas e entidadeslocais durante 2010, así como homenajear a históricos do deporte xalleiros. Os equipos benxamín e alevín do Santa Comba C.F., campións das súas respectivas ligas recibiron os galardóns do deporte de base. A xogadora do Cicasa de Horseball Triana Lado, internacional con España foi a Mellor Deportista Feminina do ano. O Xallas C.F., novo equipo da 1ª Autonómica recibiu o premio á mellor entidade de deporte afeccionado. Logo chegou o momento para a historia e a emoción. O premio ó Poder de Superación a Través do Deporte foi otorgado a Herminia López Redondo, de 82 anos, que participa activamente en cachibol, deporte similar ó voleibol adaptado a persoas maiores e que en Santa Comba conta con máis de 60 xogadores. O premio Premio á Labor Educativa a través do Deporte foi este ano para o mestre Ramón Durán, impulsor a comezos das década dos 80 do voleibol nos colexios de Mazaricos e Santa Comba, dos que saíron variosequipos campións provinciais. No turno de intervencións, Iván Raña destacou que nun concello como Santa Comba se faga un esforzo tan grande para que xente de tódalas idades fagan deporte: Pola súa parte, Javier Facal resaltou o traballo de todo o departamento para que a Gala fora un éxito, e reiterou a súa aposta polo deporte como medio educativo para os máis novos; mentres que o alcalde Miguel Pérez volorou a labor da Concellería que dirixe Facal e invitou a toda a xente de Santa Comba a que faga deporte, como medio par ter unha vida máis saudable.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do COncello de Santa Comba.

Comentarios