Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Zas necesitou dos penaltis para meterse nas semis da Copa da Costa de Veteranos

O Zas necesitou dos penaltis para meterse nas semis da Copa da Costa de Veteranos
Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2018 En www.copadacosta.com segue actualizado o cadro da Copa de Veteranos Só quedan os Veteranos en competición. Comezan esta fin de semana as semifinais da Copa da Costa que enfrontarán a Zas co Club do Mar (partido adiantado ao sábado ás 18:30 en San Andrés), e mais a Porteño e Hosgran, o domingo ás 11:00h no Hermanas Patiño.

Zas* - Dumbría (1-0)

Zas de Veteranos-Foto-Modesto Zas de Veteranos-Foto-Modesto O Dumbria a falta de dous minutos para finalizar o partido tiña pase a semifinais. Pero o Zas, á desesperada e coa saída ao campo do seu dianteiro Felipe, que non se atopaba nas mellores condicións para xogar debido a unha lesión do partido anterior, meteu ao cadro dumbriés na súa área nos últimos 10 minutos. E nun dos moitos centros que caían á área e que en principio carecía de perigo, erraba no bloqueo Simon por dúas veces e Sergio coa punta da bota toca o balón que entra na portería. Pouco antes Felipe, cun gran cabezazo, facía intervir a Simon cunha gran parada. Así marchaba o partido á prróga Un partido que fóra dominado polo Dumbría, ao que só a mala sorte lle impediu pasar a semifinais. Miguel, dianteiro do Dumbría, marrou por dúas veces nun man a man co porteiro do Zas. Tamén Norberto tivo dúas boas ocasións para os visitantes. Nos 30 minutos de tempo engadido non houbo demasiadas chegadas (xa non había forzas) e chegouse a tanda de penaltis. Os zaseiros non fallaron ningún, e no 5º tirou Antonio e Norberto demostrou quen era o protagonista da tarde, facendo imposibles as internadas de Miguel, ademais do penalti decisivo. Dumbria de Veteranos-Foto-Modesto Dumbria de Veteranos-Foto-Modesto

Club do Mar* - San Román (5-1)

Club do Mar de Veteranos.-Foto-Modesto Club do Mar de Veteranos.-Foto-Modesto O resultado do partido de ida ( 2 - 2 ) que se disputou no Municipal da Laracha o domingo pasado, deixaba unha volta en Xaviña ben intensa. O San Román intentábao e na primeira parte foi moi igualada no xogo, non así no resultado que termino cun 2-0 para os caioneses. Aos poucos minutos da segunda parte o San Román marca o gol que con ese 2-1 podía darse o caso do partido na Laracha , pero non é más que marcar o o San Román o seu gol e en tiro desde moi fóra de área marca o Club do Mar o terceiro gol quedando moi tocados os xogadores laracheses. O San Román con moitas baixas dos seus xogadores franquicias como Javi Fontes, o porteiro Añon, Marcos e mais, nada puideron facer ante este gran equipo Club do Mar, no que marcaron Iván (3), e Edgar (2). San Roman de Veteranos-Foto-Modesto San Roman de Veteranos-Foto-Modesto

Castriz — Porteño* (1-3)

Castriz de Veteranos Castriz de Veteranos-Foto-Modesto Xa gañara o Porteño 1-0 na ida, e os Sambade, Toja e Fontes fixeron inútil o gol de García para os rossoneros. Porteno de Veteranos-Foto-Modesto Porteño de Veteranos-Foto-Modesto

Buño - Hosgran* (1-3)

Buno de Veteranos-Foto-Modesto Buño de Veteranos-Foto-Modesto Co 5-0 da ida na Piña, a eliminatoria xa estaba sentenciada. Pero o Buño fixo un gran partido a pesar do resultado, e puido marcar máis goles por medio de Litos e Calvete, e só no último cuarto de hora, o Hosgran co gran dianteiro Ruben Tuset, que marcou 2 goles, (un de falta pola escuadra), sentenciou. Hosgran de Veteranos-Foto-Modesto Hosgran de Veteranos-Foto-Modesto

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/veteranos-san-roman-e-castriz-metense-en-cuartos-pola-minima/

Comentarios