Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Árbitros da Costa demostran a súa unión vencendo ao Silbato

Os Árbitros da Costa demostran a súa unión vencendo ao Silbato
Os arbitros do Silbato e da Costa nas Eiroas

Día de festa a previa de Reis para os Árbitros da Costa, nunha desas citas que serve para facer piña, como sempre demostran (nas GalasQPC, por exemplo) o colectivo arbitral da Costa da Morte. Este pasado 5 de xaneiro xuntáronse nas Eiroas para disputar un partido ante a Agrupación Deportiva O Silbato, a Peña de árbitros da Delegación da Coruña.

Aí saltaron ao céspede carballés os Lucas, Sebas, Reborido, Vilanova, Señarís, Dani, Óscar Santos, Breo, Bruno Méndez, Óscar Rey, Fabián, Insua, Cancela, Juan Marcos, Rai, Marcos Ordóñez, e Rellán. E demostraron a súa unión vencendo por 1-0, gracias ao gol de Sebas.

Tan importante foi a comida de confraternización na Agualada, que serve para seguir facendo máis e máis grande este grupo de deportistas, normalmente esquecidos.

Nesta ligazón podedes escoitar as declaracións de varios colexiados no Galicia en Goles.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/arbi-que-pitas-ou-o-regulamento-explicado-con-humor/ https://quepasanacosta.gal/os-arbitros-tamen-xogan/

Fonte

Comentarios