Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os Árbitros e Acción Deportiva do curso terán o seu premio na #GalaQPC do Fútbol da Costa

Os Árbitros e Acción Deportiva do curso terán o seu premio na #GalaQPC do Fútbol da Costa
Os Premios do Futbol da Costa xentileza dos Oleiros de Buno e o Concello de Malpica

Xa sabemos os nominados, o enorme número de premios, entre os que faremos unha ollada ao pasado co Premio Histórico; sabemos que Pachi e Culo farán as nosas risas, e que Fran Hermida será a gran Voz do noso Fútbol da Costa.

Todo listo para esta II Gala do Fútbol da Costa – QPC, esperando que os clubs respondan ateigando o enorme auditorio da Casa da Cultura ceense.

E para seguir creando ambiente, queremos anunciar un par de novidades desta edición. I é que este curso queremos lembrarnos dos eternos silenciados, os colexiados que tanto nos sofren. Por iso, coa axuda do Comité de Árbitros, imos realizar unha pequena homenaxe repasando á ducia de colexiados da Costa da Morte, así como entregando o Premio ao Árbitro do Ano no Fútbol Costeiro, non só polo seu bo facer sobre o céspede, senón tamén polo seu compromiso.

Falamos dos Marcos Ordóñez, Pablo Rama, Javier Pichel, Rubén Reborido, Adrián Pérez Rellán, David Vázquez Lema, Vítor Recarei, Santiago Boedo Varela, David Castreje Ferrío, Luís Insua Lago e Bruno Méndez.

E nesa mesma liña, imos recordar unha desas accións que non queremos que pase desapercibida. Era a xornada 13 e o Volantes xogaba en San Andrés. Piti caía na área, o colexiado pitaba penalti pero o veteranos pistoleiro muradán recoñecía que non era e o colexiado anulaba a pena máxima. Unha acción de xogo limpo que cómpre resaltar, e por iso queremos facerlle entrega dun novo premio.

Patrocinadores II Gala Futbol da Costa-QPC 2

Novas da Gala

Fonte

Comentarios