Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os atletas da Costa aprobaron con boa nota o exame do Monte do Gozo

Os atletas da Costa aprobaron con boa nota o exame do Monte do Gozo

A Costa tamén corre. Xa o comprobamos hai un par de semanas. E o seguimos comprobando co Campionato Galego de Campo a Través que celebraba o pasado 29 de xaneiro no Monte do Gozo. A el que acodiron varios dos nosos atletas cunha participación máis que salientable.

"Foi un cross moi duro, como que se esperaba, onde non acabamos de encontrar a chispa que fai falla nunha competición de estas, pero onde a entrega foi máxima", explícanos o ceense Jorge Rodríguez Lariño, que asinaba un meritorio 29º posto.

Tamén participaba o liracho afincado en Lugo, Juan Luís Trillo, que quedaba de 18º, tamén un resultado lixeiramente por baixo das súas espectativas. Ambos cumpriron con boa nota pero sen chegar a sobresaínte.

Cóntannos que foi unha proba moi bonita ó igual que dura onde non faltou ninguén e houbo un grandísimo nivel. A proba estivo comandada principalmente polos tres grandes atletas da comunidade Manuel Angel Penas, Pedro Nimo, Hassan Lekhili, o que tamén se lles intentou unir un sensacional Carlos Villamor que finalmente acabou pagando un pouco ese esforzo e quedou en posicións máis retrasadas que non se corresponden con seu nivel. Por detrás quedaron 4º Alejandro Fernandez e 5º Ivan do campo, 6º Uxio Abuín, 7º Juan Pena Holguin, 8º Santiago López.

Carreira en Camariñas

Xa está aberto o prazo para inscribirse na I Carreira Pedestre Popular Concello de Camariñas. Unha carreira de 10 quilómetros que se disputará o domingo 4 de marzo .

Categoría absoluta, maiores de 18 anos teranse que inscribir a través da web www.championchipnorte.com.

Para as categorías inferiores (pitufos, alevín, infantil, cadete e xuvenil)inscrición nos centros educativos do Concello, e os que estudien ou sexan de fora poden facelo a través da dirección de e-mail: [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios