Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os bergantiñáns Martín Reyes e Naira Blanco acumularon experiencia no Campionato de España de Judo

Os bergantiñáns Martín Reyes e Naira Blanco acumularon experiencia no Campionato de España de Judo
Judo Bergantinos en Aviles copia Expedición do Club Judo Bergantiños en Avilés

Desprazábase esta pasada fin de semana o Club Judo Bergantiños ata Avilés para disputar a Supercopa de España Infantil e á Copa A Cadete. Non tiveron unha boa participación os bergantiñáns en canto a resultados, pero o máis importante é que souberon disfrutar da experiencia de todo un torneo competindo a nivel nacional.

Martín Reyes perdeu o seu dous combates sen ter case ningunha opción. O primeiro combate co cántabro Carlos Centeno que quedo medalla de bronce e o segundo combate co asturiano Ismael Sanchez que quedo 5º.

Naira Blanco, que era a súa primeira competición importante xa que é o seu primeiro ano infantil, xa chegaba co obxectivo de coller experiencia e tamén perdeu os seus dous combates. O primeiro perdio coa Judoka Catalá Neus Santacreu que quedo medalla de bronce, un combate moi igualado os dous primeiros minutos pero a experiencia da catalá pasoulle factura á judoka costeira que no último minuto perdeu por Ippon. O segundo combate perdeu coa Judoka Asturiana Sandra Monteseirín que quedo 7º, nun combate que se decidía a Golden Score, Naira puntuo primeiro pero por decisión arbitral non lla concederon e acabaría perdendo por Wazari.

A estes competidores acompañáronos os seus compañeiros de adestramento Borja Villar e Nerea Martínez que os estiveron animando toda a competición e á súa vez aprendendo vendo a competición.

A próxima competición importante será o dia 2 de decembro en Valladolid.

Novas relacionadas

Comentarios