Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría sofren pero gañan e manteñen opcións de ascenso á Liga Galega

Os cadetes do Volei Dumbría sofren pero gañan e manteñen opcións de ascenso á Liga Galega

Os cadetes do Voleibol Dumbría conseguiron unha importante vitoria ante CV Ourense, 3º clasificado na Liga Galega, nun partido moi disputado que se decidiu no ultimo set. Os dumbrieses venceron por 3-2 (23-25, 27-25, 25-23, 25-17, 15-12). A clave estuvo na defensa ante o potente ataque ourensán e no mellor servicio dos locais. Esta vitoria permite afianzarse na 4º plaza que da opción a xogar a Fase Final da Liga Galega e necesitan dúas vitorias para conseguilo.

Pola súa banda, ás xuvenis do voleibol Dumbría faltoulles pouco para acadar a vitoria ante CV Ourense, pese a levar unha vantaxe de 2-1 sets nos momentos decisivos do encontro non souberon xogar coma o estaban facendo ata entonces e perderon por 2-3 (25-23, 16-25, 25-17,13-25, 10-15).

Ademais, as cadetes perderon claramente por 3-0 ante CV Ourense; e no que respecta aos infantís do Manuela Rial, as chicas perderon por 1-3 (17-25, 10-25, 25-23, 14-25) e os chicos venceron por 3-0.

Vindeira cita

Este sábado 4 de febreiro de 2012, toca partidos en A Coruña:

  • Infantil masculino: Calasancias - Manuela Rial 10:00h
  • Xuvenil femenino: Calasancias - Voleibol Dumbría 10:00h
  • Cadete masculino: Calasancias - Voleibol Dumbría 11:30h
  • Cadete femenino: - Calasancias - Voleibol Dumbría 11:30h
  • Infantil femenino: Calasancias - Manuela Rial 13:00h

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios