Martes. 19.11.2019
El tiempo

Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro

Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro
Os Ciclons do Maio campions dos Barrios de Esteiro 2017 2 Os Ciclons do Maio campions dos Barrios de Esteiro 2017 Mentres Baio e Mazaricos preparan sendos torneos para a fin de semana, este martes tiña lugar unha das citas máis esperadas do verán. Como cada 15 de agosto celebrábase nun ateigado Xosé Luís Vara, a final do Campionato de Barrios de Esteiro, que este ano cumpre ademais 40 anos. As 400 persoas presentes no campo esteirán disfrutaron dun ambiente futbolístico único que comezou co reparto de caramelos, agasallos e tratou de facer ao público partícipes desta festa. Chegaba o Independiente de Uhia, sempre de vermello, como vixente campión e tras derrotar 3-1 nas semis ao Carallo Santo. En fronte, de azul, os Ciclóns do Maio, que se colaban na final tras vencer ao Abelleira por 3-0. Tras un partidazo na final, os Ciclóns do Maio volven erguer o trofeo do torneo estival máis auténtico de toda a volta. Venceron 1-2 cos goles de Jorge e Josiño, para invalidar o anotado por Adelino para o Inde. Foi un choque moi disputado cargado de emoción e con incertidume no resultado ata o pitido final dos colexiados. Os gran triunfadores desta edición foron os Ciclóns que ademais do Campionato levaron tamén o trofeo Cachiño ao equipo menos goleado (Veni Lomba) e ao xogador máis deportivo (Tuno). O pichichi recaeu en Carajillo do Inde que se levou o 2° posto. 3° foi o Carallo Santo e 4° Abelleira. O outro trofeo do torneo, a “Culler de Pau” que se outorga ao último da liga como se fai no 6 nacións de rugbi, caeu no Praias de Reimúndez. A organización quere agradecer coma sempre a labor desinteresada dos colexiados e a Esteirana pola súa axuda en seguir disputando o Campionato de verán por excelencia en toda a Costa!  

O Soneira, campión en Outes

O Soneira campion do Trofeo de Outes O Soneira campion do Trofeo de Outes Tres días do Trofeo Concello de Outes para decidir o campión. Finalmente foi o Soneira o campión, tras vencer 5-1 ao Cruído. O equipo de Rafa Suárez e Roland eliminara o sábado ao Xallas nos penaltis, tralo empate a 2 do partido. Pichi capitan do Soneira en Outes Pichi, capitan do Soneira, recollendo o trofeo en Outes  

Novas do Campionato de Barrios

Máis información

 

Máis novas

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios