Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os clubs e a FGF debatiron en Baio sobre posibles melloras na Mutualidade

Os clubs e a FGF debatiron en Baio sobre posibles melloras na Mutualidade
Comitiva da FGF en Baio Comitiva da FGF en Baio

Nova visita da Federación Galega de Fútbol á Costa da Morte. Desta volta o presidente Rafael Louzán realizou unha visita completa na zona, continuando a súa visita polos campos da zona, e tendo unha nova xuntanza cos clubs na sede de Baio para tratar fundamentalmete dous temas relacionados cos graves sucesos acontecidos nas Redondas e no Rodeiro hai unhas semanas: a mutualidade e a seguridade nos campos.

Nova visita a 6 campos

Comitiva da FGF en Arlina cos membros do Muxia Comitiva da FGF en Arliña cos membros do Muxia

Os campos de Arliña (Muxía), A Grixa (Ponte do Porto), Hermanas Patiño (Camariñas), Cabo d’Area (Laxe), As Redondas (Cabana) e o Cairo (Corme) foron os campos que recibiron a visita da comitiva federativa, despois dos 9 campos que leva visitou en xaneiro. Unhas visitas marcadas polo vento, que non impediron que o presidente e os membros da Federación escoitasen as demandas dos presidentes dos clubs responsables. “Temos aínda que visitar máis campos, pero é que non son visitas de médico”, sinalou Louzán.

Louzan con Vicente Carril no Hermanas Patino Rafael Louzán con Vicente Carril no Hermanas Patiño Comitiva da FGF na Grixa co alcalde de Camarinas e o representante do Porteno Comitiva da FGF na Grixa co alcalde de Camarinas e o representante do Porteño

Apertura da sede

Boa resposta, unha vez máis como pasara en xaneiro, dos clubs costeiros, con máis de 60 representantes na reunión convocada en Baio, e ademais con boa participacion nas propostas realizadas.

A primeira nova que apuntou o presidente foi a inminente apertura da sede de Baio, siota no Centro Sociocultural, ao carón do pavillón. Explicou que houbo problemas coa conexión e por iso se retrasou a apertura, pero sinalou que a partir de xa, a sede estará aberta luns e mercores de 17:00 a 20:00h, coa presencia de Manolo Corredoira, delegado da Costa, e Javier Trigo, traballador da Federación.
Ademais, apuntou que o vindeiro mércores coñecerase o delegado arbitral da zona.

Seguridade nos campos: Proxectos construtivos

Louzán apuntou que a Federación está realizando un dossier de todos os campos de Galicia, que están recollendo árbitros co apoio dun aparellador e arquitecto.

Pero a nova máis singular é que por primeira vez a Federación, co ánimo de axudar aos clubs a facer melloras nos campos, farase cargo da creación dos proxectos construtivos de melloras nos campos (en temas de céspede artificial, luz e vestiarios…). Uns proxectos que servirán para presentar nos Concellos ou Deputación, para que sexan eles os que o leven adiante.
Así, a partir de abril a FGF comezará a poñerse en contacto cos clubs.

60 representantes do Futbol da Costa na reunion de Baio 60 representantes do Futbol da Costa na reunion de Baio

Mutualidade

Foi o tema estrella da sesión, que comezaza fiando cos sucesos de Cabana e Camelle, que foron atendidos nun centro público como o HVdX, gracias ao convenio da FGF, que permite que se atendan urxencias vitais, servíu de excusa para abrir o tema. En todo caso, o tema económico do uso da Mutualidade estivo sempre enriba da mesa. Nese sentido Louzán recordou que temos que ter raciocinio no uso das mutualidades, e puxo o exemplo do accidente desta semana de Camelle custou 12.000€. Houbo quen, recoñecendo que a suba de cada ficha sería razonable dada a cobertura, e mesmo propuxo novas formas de financiamento da Mutua. Nesa liña, destacaron que a FGF está traballando en convencer á Xunta para que a primeira asistencia sexa gratuita nun centro público, vía PAC ou Hospital de referencia.

O médico carballés Luís Canedo explicou o funcionamento. Recordou que as urxencias vitais danse no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, ou directamente para os da zona norte, no Hospital Quirón da Coruña (o antigo Santa Teresa, situado na Zapateira). É precisamente o Quirón o Hospital de referencia para a Mutualidade na zona, onde hai que ir en caso de lesión.

Para Cobertura médica, Canedo explicou tamén que na Coruña tamén está a Policlínica Assistens, onde o señor Canedo ten dous días de consulta, pero perfectamente ampliables chamando e reservando cita. Aquí en Vimianzo para consultas de lesions habituais está a Clínica Médica Saúde.

Despois está o apartado da cobertura de rehabilitación, e a FGF ten clínicas de fisioterapia de referencia en Vimianzo, Carballo e Cee. Os presentes solicitaron a apertura dunha clínica de rehabilitación para Muros, ao que a FGF se amosou aberta.

Preguntouse tamén por circunstancias concretas, como se un rapaz ten unha boa brecha e necesita puntos, non sendo moi grave pero si urxente, estando as clínicas pechadas. A FGF recalcou que si de podería ir ao HVdX, pero instou a que a retirada de puntos que sexa nun centro propio.

Houbo queixas sobre o tempo de espera entre o resultado da proba diagnóstica e a operación, e Canedo resaltou que ronda un mes, mes e medio.

Propúxose tamén unha pequena xornada de formación a delegados, adestradores e representantes dos clubs en materia sanitaria para que os clubs saiban que facer en calquera situación. Formación é prevención, recordaron os clubs, que tamén pediron un paso máis na prevención con formación, por exemplo en materia de uso dos desfibriladores.
Aquí houbo o compromiso da FGF, da man de Corredoira, de facer unhas xornadas formativas para os clubs.

Pediuse tamén a posibilidade de facer un recoñecemento médico a todos os xogadores, como fan nas ligas nacionais, pero aquí a FGF recoñeceu que é practicamente inviable economicamente.

Finais das Copas da Costa

A FGF anunciou moitos cambios na nova organización para a festa do Fútbol da Costa, que servirá para darlle “unha impronta”. Así mesmo sinalaron que en breve se abrirá o prazo para que os clubs interesados poidan presentar solicitudes para organizar as finais das Copas da Costa de todas as categorías.

Ademais a FGF anunciou a colaboración coa Gala do Fútbol da Costa-QPC.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios