Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia
Doble sesión esta fin de semana para os membros da familia do tenis de mesa da Costa da Morte. O sábado tocaba desprazamento ata a Coruña, ademais dun par de derbis locais, mentres o domingo a cita foi na casa, no Ximnasio de Zas.
Ademais, os resultados foron moi positivos así que a fin de semana non puido ser máis positiva.
3ª División Nacional
- Resultado: CLUB DEL MAR - AD ZAS PONCIANO NIETO (2-4).
1ª División Galega
- Resultado: CLUB DEL MAR XUVENIL – AD ZAS CONSTRUCCIONES CERNADAS (1-5).
Importantisismas as vitorias dos equipos zasences en A Coruña, eran favoritos en vista dos integrantes de cada equipo pero había que corroboralo sobre a mesa e non descuidarse e os coruñeses xa dixeron no primeiro partido que non regalaban nada pois nos dous encontros gañaron os primeiros envites, logo xa os de Zas impuxeron a súa calidade e categoría. Polo Ponciano Nieto xogaron Andrés Fagín, Miguel Rey, Gonchu e Brais Blanco; e polo Construcciones Cernadas Ángel García, Stevo e Miriam Domínguez.
Con estes resultados o AD Zas Ponciano Nieto segue coas opción intactas para ser campión do grupo e o AD Zas Construcciones Cernadas dá un paso de cara a permanencia en 1ª galega.
2ª División Galega Centro
- Resultado: SANTA COMBA - CONCELLO MAZARICOS (2-4).
- Resultado: AD ZAS O PINAR - VIMIANZO TM (1-5).
Nos derbis locais de 2ª galega os resultados xa eran esperados, pero cómpre resaltar o progreso dos de Santa Comba (Martín París, José Ángel Lado e Alex Blanco) que conseguiron gañarlles dous partidos aos favoritos deste grupo o Concello de Mazaricos (Brais Gesto, Cristian Vilar e Mario Mourelle) e a punto de dar a sorpresa pois Brais Gesto forzou o quinto set ante Alex Blanco.
No derbi de Zas impúxose a veteranía dos xogadores de Vimianzo, neste equipo formado por Laura Quintáns e Joel Quintáns que antes estaban en Zas e Francisco Paz, xogador veterano, cunha ilusión dun rapaz e con moitas horas de dedicación e entreno.
2ª División Nacional Femenina
- Resultado: Aluminios Xeal - SD A Baña (3-2).
O domingo, o ximnasio do CPI de Zas acollía todo un partidazo da 2ª División Nacional, para o comezo de liga e a presentación do club SD A Baña (Alba Pérez, Noelia Carnota e Alba e Paula Fresco en dobres) que no seu primeiro encontro a punto estiveron de dar a sorpresa en Zas ante todo un Aluminios Xeal (Lara Romero, Laura García e Tatiana Recarey e Laura en dobres). Así empezaron gañando o primeiro individual e tamén o fixeron no dobre, pero esto é só o comezo e queda moito tenis de mesa por desenvolver en A Baña.
Vindeira cita
Os encontros para o vindeiro finde semana do 4 e 5 de febreiro son:
- Sábado 4 de febreiro no ximnasio do CPI de Zas:
- Ás 16:00h AD Zas O PInar - Oroso Peluquería Tije;
- Ás 18:00h Vimianzo TM - Oroso Peluquería Tije. - Domingo 5 de febreiro no ximnasio do CPI de Zas ás 11:00h:
- 3ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto - SD Hípica;
- 1ª División Galega: AD Zas Construcciones Cernadas - CTM Coruña. - Domingo 5 de febreiro en A Estradaás 10:00h:
- 2ª División Galega: RC A Estrada "B" - Santa Comba e RC A Estrada "A" - Santa Comba.
Novas relacionadas
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.