Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos

Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos
Tiro con arco para peques en Vimianzo

Non para a escola municipal de tiro con arco de Vimianzo e o Club DousxSetenta. Este pasado sábado pasado (7 de xuño) celebrouse no pavillón vimiancés o V Torneo de Tiro con Arco do Concello de Vimianzo, co que se clausura a Escola Municipal de Tiro con Arco do Concello.

No torneo participaron un total de 53 arquieros/as chegados de diversos puntos de Galicia. Houbo participación de clubs da Laracha, Arteixo, Lugo; e de escolas de Coristanco, Carral, Boimorto,…

Dende o club aproveitaron a ocasión para que os pequenos arqueiros/as estreasen as novas equipacións coas que lucían moi guapos/as.

Peques vimianceses especialistas en Tiro con Arco-Foto-Victor Santos

No meramente competitivo o club participou cun total de 13 arquieros/as. En categoría esquío feminino copamos as tres primeiras posicións con María Lema (1ª), Paula Vázquez (2ª), e Marian Hermida (3ª). Na categoría masculina Martín Pérez acadou a 2ª posición. En benxamíns Yago Bendaña acadou a 3ª posición masculina, mentras que Paula Pérez quedaba 1ª entre as nenas. Nos alevíns o gañador foi José Vázquez, mentras que Laura Ramos facía o propio na categoría feminina. Xa en veteranos o noso presi segue dando guerra e acadou a segunda posición.

Todos deixaron moi boas sensacións de cara o inminente Campionato Galego que se celebrará en Báscuas (Lugo) o próximo domingo 15 de xuño e ó que acudiremos con 13 arqueiros/as. Moita sorte a todos eles.

  • As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios