Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida

Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
Miguel Castro do Piraguismo Dumbria en Le Seu de Urgell Miguel Castro do Piragüismo Dumbría en Le Seu de Urgell

Esta pasada fin de semana disputouse na localidade de Seu D'Urgell, en Lleira, a primeira Copa de Slálom das categorías superiores. Padexeiros de todo país disputáronse as medallas na única canle de augas bravas que funciona en España, pois a outra está en Zaragoza, pero polo alto custe que supón por en funcionamento as bombas que abastecen de auga o canal, permanece pechado a maior parte do ano.

A competición realízase en dous días, sábado e domingo, con unha clasificatoria e unha final por día, o primeiro clasificado de cada día ten cero puntos, o segundo dous, o terceiro tres e así sucesivamente. O rematar a proba do domingo faise o cómputo das dúas probas e o que teña menos puntos é o que gaña.

Os dous clubs costeiros, o mazaricán Club Sen Siras e o CDM Piragüismo Dumbría participaron, pero as novas non foron demasiado alentadoras.

Iago Canosa se queda sin plaza nos selectivos do Equipo Nacional

Lorena Costa do Piraguismo Dumbria en Le Seu Lorena Costa

Non foron novas, como dicimos, para o CDM Piragüismo Dumbría. Iago Canosa, a pesar de facer unha excelente proba, non foi quen de conseguir meterse na segunda parte dos selectivos do equipo sub23 que se celebran a vindeira fin de semana en Pau. O deportista olveirán fixo unhas mangas perfectas, con sendas baixadas sen penalizacións, pero o sistema de puntuacións, que prima a certos deportistas, provocou que competidores que non lle gañaron ningunha manga a Iago estean nesa ronda final, e Iago non. Durante a reunión de xefes de equipo o técnico do club municipal dumbriés Quique Portela xa se queixou desa posibilidade, e finalmente aconteceu o que pronosticara.

Alén diso, a forma en que Iago enfronta as mangas cambiou dende que traballa no grupo do técnico catalán Pere Guerrero, e se agora non acadou o pase, si que está creando os alicerces para no futuro ser un dos grandes do slalom nacional, cunhas mangas serias, ben trazadas, sin grandes acrobacias, pero moi efectivas e sin apenas penalizacións.

En canto o resto da expedición dumbriesa a esta primeira cita da Copa de España, había que ter en conta que tres dos participantes era a primeira vez que enfrontaban unha competición na Canle Olimpica, un dos percorridos máis esixentes a nivel mundial. A xornada do sabado foi complicada tanto para Marcos Sanchez coma para Lorena Costa, con sendas volcadas que os deixaban fora de competición, pero na xornada do domingo non so se clasifcaron para a final, se non que o fixeron nos postos altos da taboa.
Mais complicado o tiñan o xuvenil Miguel Castro, e o canoista senior Marco Oreiro, que xa compiten entre os que loitan polas plazas no equipo nacional, e ningún dos dous foi quen de pasar o corte nin o sabado nin o domingo.
Brais Pérez e Kiara Martínez tiñan a sua inscripción feita para esta proba, pero o calendario lectivo lles impediu viaxar a vila pirenaica.

A vindeira proba da Copa de España de Slalom será dentro dun mes na vila vasca de Irún.

 

Jorge Quintáns, ás portas do podio

Jorge Quintans do SenSiras en Leseu Jorge Quintáns do Sen Siras en Leseu

O Sen Siras só puido desprazar a un deportista a esta proba, Jorge Quintáns, pois os demais membros do equipo de Mazaricos non asistiron por temas académicos e laborais.

O padexeiro de Vimianzo non puido sacar o mellor de si na proba do sábado, onde os nervios lle xogaron unha mala pasada, rematando en 8ª posición, dun total de 32 kayaks cadetes que eran. Unha penalización de 50 segundos relegouno a esta posición na final do sábado, deixando con poucas posibilidades de lograr facer podio na clasificación xeral do domingo.
O segundo día de competición foi moito mellor para a nova promesa do Sen Siras, que logo de marcar un crono de 1,47,45, e facer unha baixada espectacular, lograba situarse no terceiro posto, moi cerca de Miquel Travé e Pau Etxaniz, os dous piragüistas do club Cadí da Seu D'Urgell, que xogaban na casa competindo no canal no que adestran tódolos días.
O bo resultado do domingo non foi suficiente para que Jorge subira ao podio na clasificación xeral, quedou as portas cun destacado 4º posto.

A próxima cita será en Irún, no río San Miguel e aí xa estará presente o club Sen Siras ao completo, onde esperan acadar moi bos resultados.

Novas relacionadas

Fonte

  • CDM Piragüismo Dumbría.
  • Sen Siras.

Comentarios