Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os pequenos padexeiros costeiros demostraron o seu gran nivel en Monforte

Os pequenos padexeiros costeiros demostraron o seu gran nivel en Monforte
Lorena Costa fixo un doblete fantastico en Monforte para o CDM Piraguismo Dumbria

Tocaba cita ca Copa Galega de Promoción de Slalom en Monforte, e ata aló foron os dous clubes costeiros que compiten a primeiro nivel galego, e estatal. Así o demostraron unha vez máis, cun gran doblete, 3 pratas e un bronce.

Doblete para Lorena Costa

A padexeira do CDM Piragüismo Dumbría, Lorena Costa, foi a gran triunfadora na Copa Galega de Promoción de Slalom que se celebrou en Monforte, onde se fixo co triunfo tanto no kayak coma na canoa femenina, logrando así o seu primeiro dobleteda tempada. Este bo momento de forma confirma o seu bo facer nas últimas semanas preparando as competicións de Copa de España.

Ademais, Marcos Sánchez Cancela logrou un meritorio segundo posto no K1 infantil masculino, só por detras do deportista local Nicolas Diaz, do Clube Quixos, organizador da proba.
No club municipal destacou tamén Brais Pérez, que rozou o podium na primeira manga, pero que finalmente a pesar de mellorar o seu tempo se viu relegado a un excelente 5º posto, tendo en conta que viña a competición prácitcamente sen entrenar tras un periodo de vacacións.

Non quedou aí a presencia do club municipal. Entre as máis pequenas chegou a 4ªª medalla destes campionatos coa medalla da debutante Candela Mouzo, 3ª na categoría benxamín femenina.

O final, e a pesar das númerosísimas baixas debidas a época estival o CDM Piragüismo Dumbría acadou un meritorio segundo 2º na clasificación por clubes desta Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada en Monforte.

Vindeira cita

Este mércores parte a expedición do CDM Piragüismo Dumbría camiño de Sort onde a vindeira fin de semana se celebra a segunda competición da Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom, onde os de Dumbría esperan facer un papel tan bo coma na anterior competición en Arfa, onde Marcos Sánchez se fixo con triunfo entre os infantís de primeiro ano, e Lorena Costa empatou a tempos coa segunda e terceira clasificada, aínda que non acadara medalla.

Gran participación do Sen Siras

O Sen Siras subiu ao podio O Sen Siras subiu ao podio 2

Os máis pequenos do Club Piragüismo Sen Siras tamén viaxaron a Monforte de Lemos, acadando moi bos resultados. A deportista más nova do equipo, Sara Fernández Romar, con tan só 8 anos, cumpridos o mesmo día da competición, conseguíu celebrar o seu aniversario nun 2º lugar cun fabuloso tempo de 128.27, conseguindo así a medalla de prata, sendo superada tan só pola padexeira Noa Díaz Quintán, do club Montaña Quixós, organizador da proba.

Martín Fernández Romar, tamén conseguiu un 2º posto na categoría benxamín K-1, cun tempo de 100.91 con 4 segundos en penalizacións que conseguiu mellorar na segunda manda a 93.28 sen penalización que o puxo a tan só 0.4 segundos do primeiro posto, que foi para Valentín Varela Muñoz, do club Penedo.

O resto dos rapacez non conseguiron subir o podio, aínda que iso non quita mérito os seus resultados. Os canoístas Francisco Fernández Romas e Tomás Quintáns Suárez acadaron o noveno e o doceavo posto (106.68 e 114.86) respectivamente, na categoría infantil.
Os padexeiros con incorporación máis recente Óscar Pereira Caamaño e Eloy Pereira Caamaño, que aínda que non teñen moita experiencia conseguiron facer una competición de 10. Óscar, sendo capaz de mellorar da primeira a segunda manga case 26.5 segundos, e Eloy mellorando tamén en uns 15 segundos.

Este pequenos foron acompañados a competición polo técnico máis novo que ten o club, con tan só 17 anos Javier Trigo Carreira demostrou ter una gran capacidade de responsabilidade e de trato cos nenos, que quedaron encantadoscon él.

Só faltou a participación de Jorge Quintáns García, que se atopa en Pau adestranco con Aarón Rey, técnico tamén do club Sen Siras.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios