Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os peques das LCFs chegan ás finais dando todo un espectáculo

Os peques das LCFs chegan ás finais dando todo un espectáculo
Pequenos muxians e vimianceses das LCFs

O pasado venres disputáronse as semifinais da XVII Liga Comarcal de Fútbol Sala “Costa da Morte” nos pavillóns de Camariñas e Ponte do Porto. A competición organizada polo Club Deportivo Costa da Morte, en colaboración coa asociación As Baleas e a Xunta de Galicia, contou con gran presenza de afeccionados nas gradas de ámbolos dous pavillóns.

Ademais, numerosos persoeiros do fútbol costeiro están vencellados neste espectacular traballo de canteira e ver a pé de pista aos Fran Pioto, Paco, Víctor Santos... ou á mozas como a xogadora do Fisober Patri Romaní pitando, dan conta da importancia destas citas.

Xa temos finalistas de cara ao 21 de febreiro tras as intensas semifinais. Fisterráns, camariñáns, vimianceses, dumbrieses e corcubioneses protagonizarán as finais en Muxía, sendo os camariñás de As Baleas os únicos que repiten final, en benxamíns e infantís.

Ligas Lcfs da Costa da Morte

As semifinais

HoraCategoríaSemifinalPavillón
18:20hBenxamínManuela Rial 3-12 C. FisterraPonte do Porto
19:10hAlevínEMF. Vimianzo 10-0 C. MuxíaPonte do Porto
18:00hBenxamínC. Muxía 2-4 As BaleasCamariñas
18:50hAlevínManuela Rial 1-9 C. DumbríaCamariñas
19:40hInfantilAs Baleas 7-4 Manuela RialCamariñas

A pola gran final

O próximo venres 21 de febreiro disputaranse as finais no pavillón de Muxía. os enfrontamentos serán os seguintes:

HoraCategoríaFinalPavillón
18:00hBenxamínC. Fisterra – As BaleasMuxía
18:50hAlevínEMF. Vimianzo – C. DumbríaMuxía
19:40hInfantilAs Baleas – EF. CorcubiónMuxía

Os gañadores das finais proclamaranse Campións Comarcais e accederán á fase intercomarcal que os enfrontará cos equipos campións das comarcas de Santa Comba e Noia.

Ligas Lcfs da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios