Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os peques do LCFs chegan ás semis

Os peques do LCFs chegan ás semis
Gradas ateigadas para as finais LCFs

Queda unha xornada para o remate das Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte (LCFs), pero xa pensan os equipos nas semis. Unhas semis que terán lugar o vindeiro 6 de febreiro, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, probablemente en Vimianzo, se non hai máis propostas doutros concellos da zona.

En Benxamín, a categoría máis numerosa, aínda hai unha praza en xogo. Co Fisterra e Muxía clasificados, Dumbría, As Baleas e Corcubión xóganse dúas prazas. Os dumbrieses teñen 21 puntos e se enfrontan a un Manuela Rial da zona baixa. Con 19 están As Baleas e Corcubión, e terán que superar a Muxía e Fisterra, os dous xa clasificados pero que queren celebrar o título da Liga. Iso si, o cadro camariñán ten o golaverage xeral moi en vantaxe.

Xa en Alevíns, as cousas están semellantes. Fisterra e Manuela Rial están clasificados e pelexarán polo título, con vantaxe para os fisterráns. Por detrás, As Baleas e Muxía teñen 12 puntos, pero o cadro muxián descabsa a última xornada na que o Zas lle pode roubar esa 4ª praza se vence ao Vimianzo.

A categoría Infantil só ten 4 equipos, polo que todos se meterán nas semis, con Fisterra e As Baleas como favoritos.

Tal e como quedara establecido ao comezo de liga, en caso de empate a puntos resolverase por golaverage xeral debido a que o sistema de liga se disputou a unha volta. Os enfrontamentos serán cruces no que o 1º clasificado se enfrontará ao 4º clasificado; mentres que o 2º clasificado se enfrontará ao 3º clasificado.

As finais serán o venres 13 de febreiro, intentando que sexan nun pavillón neutral.

LCFs en FútboldaCosta.com

Crónicas das LCFs

Fonte

Comentarios