Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os Veteranos ratifican a súa integración na Federación

Os Veteranos ratifican a súa integración na Federación
A xuntanza celebrada este xoves 26 de xullo na sede da RFGF de Baio, serviu para ratificar a integración das Ligas de Veteranos do Fútbol da Costa no fútbol federado. Un paso importante o dado polos 27 clubs da zona (un par de equipos aínda non certificou,  e pode que haia novas incorporacións como a do Mazaricos), despois de 16 grandes anos vertebrados pola Asociación de Clubs de Veteranos da Costa. A zona da Costa é unha das últimas en sumarse ao sistema federativo. Así, para o ano manteranse as categorías e haberá 14 equipos na División de Honra e 13 (ou máis) na 1ª Veteranos Costa.  As Ligas comezarán o 15 de setembro. Na División de Honra, Os dous primeiros e un terceiro saído dun playoff dos 4 seguintes) xogarán unha fase galega. Haberá 3 descensos de D.H. e outros tantos ascensos dende 1ª, dous directos e o terceiro saído dun playoff entre 3º, 4º, 5º e 6º.  A Copa será optativa.  Ademais, Modesto Parga, ata agora o organizador das Ligas dende a Asociacion, e o delegado do Zas, serán os representantes do fútbol veterano costeiro nas reunina da RFGF.  Novas relacionadas O Porteño é finalmente Campión da Copa da Costa duns Veteranos que preparan o salto á Federación

Comentarios