Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pablo Mallón, a salvación do San Lorenzo é posible

Pablo Mallón, a salvación do San Lorenzo é posible
O carballés Pablo Mallón é a alternativa no banco do San Lorenzo, despois da saída de Oscar Suárez. O adestrador xa viu ganar ó seu equipo aínda que fora dende a grada, pois o San Lorenzo foi dirixido polo adestrador dos xuvenís, Juni, que conseguiu a vitoria ante o Soneira. Pablo, que ten unha traxectoria dilatada no fútbol da zona, pois xa estivo nos bancos de Bergantiños, Cerceda, Coristanco, Buño, Cabana, Paiosaco, Sofán, Baíñas ou Zas, afronta agora un reto dos máis importantes da súa carreira, intentar salvar ó San Lorenzo. O triunfo do domingo pode ser un bo punto de partida. QPC - Foi unha sorpresa para todos a túa chegada ó San Lorenzo. Que te levou a aceptar a súa proposta? A verdade e que non contaba con adestrar este ano. Tiven algunha oferta no verán pero de equipos ós que tiña que desplazarme bastantes quilómetros. Agora, pola miña situación persoal, valoro moito o tempo, e tiña claro que si volvía a adestrar, sería nun equipo cercano á miña residencia. Para min é unha honra que un equipo do meu pobo se fixe en min, e o San Lorenzo é un equipo humilde pero moi competitivo, que cumple coas miñas pretensións. Foi unha sorpresa a chamada pero falando coa directiva comprendín que non podía deixar pasar esta oportunidade. Tamén así cerro o triángulo. Ter estado no banquillo dos tres equipos federados de Carballo representa un orgullo para min. QPC - O domingo xa viches ó teu equipo. Apreciaches motivos para a esperanza? O que se lle ten que pedir ó equipo é o que se viu o domingo. Entrega, esforzo e sacrificio non poden faltar neste último tercio da competición. Podes ganar ou perder, pero sempre hai que sair sabendo que o deches todo no campo. Así saíron os xogadores e así espero que saian o resto dos domingos. Vin un equipo intenso con moita calidade en moitos homes e tamén algún defecto, ó meu entender, que espero poder correxir nos entrenos. QPC - Que San Lorenzo veremos baixo o mando de Mallón? Somos agora o segundo equipo máis goleado e o segundo menos goleador. Ou se meten máis goles, ou hai que intentar que che metan menos, é así de sinxelo. O outro día foi o primeiro partido que o San Lorenzo non recibía goles e ganouse o partido. Temos que aprender diso e fixar posicións e movementos tanto en ataque como en defensa para ser máis competitivos. O San Lorenzo todavía ten moito que decir QPC - Por onde vai a comenzar o teu traballo? Por non mirar á táboa clasificatoria. Dame igual que tal equipo gane ou perda, temos que fixarnos exclusivamente no partido do domingo, non máis aló. O descenso xa o temos, pois daquela temos que ir semana a semana traballando e seguro que con ese esforzo, a permanencia estará máis cerca. Se finalmente non se consigue, tampouco pasaría nada, o importante é que o grupo siga unido e que se acabe a liga coa cabeza ben alta polo esforzo feito. QPC - Estás informado dos rivais, seguiches a 1ª Galicia? Non contaba adestrar como che dixen e a verdade e que non seguía demasiado a liga. Teño a experiencia do ano pasado en Zas e coñezo a moitos equipos e xogadores e ademáis teño por sorte moitos amigos que me axudan a poñerme ó día rapidamente. QPC - Como ves a situación dos equipos da costa? Creo que esta a ser un liga bastante mala para todos os equipos da zona. Espero polo menos que tanto Baio como Fisterra que están en posicións perigosas, poidan salvar a categoría, aínda que non á nosa costa. QPC - O partido do próximo domingo en Sigüeiro é decisivo? Para nada. Como dixen antes o descenso xa o temos, polo tanto a presión é ningunha. É simplemente un partido no que intentaremos levarnos os puntos para Verdillo. Se o conseguimos, perfecto, e senon, pois a seguir defendendo o escudo a seguinte semana con uñas e dentes. Eso si, de que a xente vai a morrer no campo non me cabe dúbida ningunha. QPC - Por último, que obxectivos te marcas de inicio? O obxectivo é que o San Lorenzo sexa fiel a unha filosofía de humildade, traballo e unión que sempre foi a bandeira do club. A permanencia si se acada sería un imposible feito realidade, e senon, que teñamos un bloque compacto para competir o ano que ven na Liga da Costa.

Comentarios