Martes. 19.11.2019
El tiempo

Paula Esteiro e Damián Espasandín conseguen o 7º posto coa Selección Española nos Mundiais da OCR

Paula Esteiro e Damián Espasandín conseguen o 7º posto coa Selección Española nos Mundiais da OCR
Damian Espasandin e Paula Esteiro no Mundial OCR 2 Paula Esteiro e Damián Espasandín (á dereita) en Cerdeña para participar no Mundial OCR coa Selección Española

O pasado mes de outubro metíanse entre os 20 mellores do mundo de Carreiras de Obstáculos. Esta pasada fin de semana conseguían un tremendo 7º posto no Mundial participando coa camiseta da Selección Española.

Impresionante os que están conseguindo a camariñá Paula Esteiro e o vimiancés Damián Espasandín. En apenas 2 anos de competición xa rozan o ceo na súa disciplina, nas esixentes carreiras de obstáculos (OCR).

Desta volta foron a Cerceña a participar na Shardana World Team Challenge xunto con Cristhian Zarta e Ana Chilleron. Unhas imprevistas lesións marcaban a súa chegada a Italia, pero que non impedían saír a por todas.

Os españoles estiveron dende o principio en postos de podio, pero no último kilómetro escaparon as posibilidades.
Finalmente sorprenderon os polacos vencendo cun tempo espectacular. Por detrás quedaron dinamarqueses eslovacos, estadounidenses, checos, italianos, e españoles, nun máis que salientable sétimo posto.

Parabéns a estes dous tigres da nosa comarca.

Damian Espasandin e Paula Esteiro no Mundial OCR Damian Espasandín e Paula Esteiro (á dereita) entraron 7º coa selección Española no Shardana World Team Challenge

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios