Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Paula Esteiro e Damián Espasandín traen un podio e un top20 do Mundial de Carreiras de Obstáculos

Paula Esteiro e Damián Espasandín traen un podio e un top20 do Mundial de Carreiras de Obstáculos
Damian Espasandin e Paula Esteiro no Campionato Mundial de Carreiras de Obstaculos de Canada Damian Espasandín e Paula Esteiro no Campionato Mundial de Carreiras de Obstaculos de Canadá

Aló marcharon a pasada semana dous bravos soneiráns a Ontario, Canadá, a participar no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos (OCRA). Si, un Mundial, aí é nada, con dous costeiros entre os 12 españoles participantes.

Pero é que ademais, a camariñá Paula Esteiro e o vimiancés Damián Espasandín colleitaron grandísimos resultados, traendo un podio e un top20 para a Costa da Morte.

Paula Esteiro podio mundial en Carreira de Obstaculos en Ontario Paula Esteiro, podio mundial en Carreira de Obstaculos en Ontario Damian Espasandin en Canada Damian Espasandin en Canadá

O primeiro día de competición celebrouse a carreira de 3km, onde Paula quedaba na 10ª praza en categoría de 30-29 anos. Pola súa parte, Damián facía un grandísimo 20º posto na mesma categoría masculina.

O segundo día tocaba máis esforzo: 15 kilómetros. Pero parece que á camariñán vanlle as distancias longas e conseguía o que nese momento era o primeiro podio da expedición española cun impresionante 3º posto en 35-39 anos. Poucos minutos despois, Carmen Cid facía o propio en 40-44, conseguindo as dúas medallas españolas na competición.

Pola súa banda, Damián conseguía entrar entre os 100 homes máis bravos do mundo, conseguindo meterse no posto 90 (de 280) en Pro Men, a máxima categoría.

Espectacular o que están conseguindo estes dous bravos soneiráns, que en apenas cun ano de competición, xa están entre os mellores do mundo.

  Parte da expedicion espanola no Mundial da Carreira de Obstaculos Parte da expedición española no Mundial da Carreira de Obstaculos

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios