Venres. 12.08.2022
El tiempo

Preferente: Aformigados

Preferente: Aformigados
Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Non perden nin gañan Xallas e Dumbría, cunha bagaxe insuficiente para os seus méritos.

Dumbría 0-0 Milagrosa

  • Campo: O Conco.
  • Dumbría: Iván Bouzón, David Carreira (Martín m.78), Raúl, Jose, Pablo Conde (Alcaina m.66), Aarón, Diego Cespón (Javi m.70), Jano, Iago, Adrián Nieto e Charly (Lucas m.57).
  • Milagrosa: Tomás, Alejandro, Diego Redondo, Leandro, Alberto, Luis Díaz, Adrián, David Silva, Carlos, Alberte y Elías David.
  • Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Jano, do Dumbría (m.44).

Non chegou con ser mellor

Dez homes do Dumbría, durante o cincuenta por cento do encontro, buscaron infructuosamente a victoria fronte a unha Milagrosa que apenas inquedou a Iván Bouzón e que só ofertou un recital dalgunhas boas paradas do seu gardamallas Tomás. Charly, ao final do primeiro acto e comezo do segundo, dispuxo das mellores opcións para os de Canosa, que tamén tiveron moita máis posesión de balón que o seu rival.


Villestro 1-1 Xallas

  • Campo: Da Barrosa.
  • Villestro: Vicente, Adrián Vázquez, Jose Álvarez, Sebas, Bruno, Pepe Cidranes (Álex Boo m.58), Agustín, Adrián Rial, Rubén, Brais Vidal (Agustín m.76) e Uxío.
  • Xallas: Julián, Hugo, Rachón (Cristian m.76), Jota, Jesús, Canedo (Pablo Novo m.78), Doro, Fernando, Coria, Kevin (Fuentes m.87) e Marcos (Camilo m.70).
  • Goles: 1-0 m.8 Uxío; 1-1 m.28 Marcos.
  • Árbitro: Mosquera Goce. Amonestou a Adrián Rial e Sebas do Villestro; Kevin e Hugo do Xallas.

Un arreón infructuoso

De menos a máis foi a progresión do Xallas no campo da Barrosa de Villestro, fronte a un recén chegado con futbolistas de recoñecido nivel na zona. Os locais apretaron moitísimo de saída, e fruto delo chegaría o tanto de Uxío, de tiro cruzado, nos primeiros compases do choque. Julián salvaría os mobles pouco despois. Desperezouse o Xallas e medrou, sobre todo a raíz do empate de Marcos, ao resolver unha acción confusa, no ecuador do primeiro acto. Desde entón Jesús, Kevin e Coria tiveron ou nas súas botas ou na súa cabeza levar a gol a superioridade xalleira nas áreas.



Crónicas da Preferente Norte

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

comentarios