Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Alerta

Preferente: Alerta
Doro no Xallas-Lemos-Foto-Fuentes Doro no Xallas-Lemos-Foto-Fuentes Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Acéndese as alarmas en Dumbría e Santa Comba trala disputa da 5ª xornada, na que os dous equipos volvían deixar escapar pos puntos da casa. Suma 2 puntos o equipo de Canosa, que deixou ver a súa peor vesión no Conco; mentres que o Xallas de Iván Cancela, que mereceu máis ante o Lemos, suma só un punto. Ambos pechan a táboa con só 2 goles a favor cada un.

Dumbría 0-2 Bertamiráns

  • Campo: O Conco.
  • Dumbría: Iván, David Carreira (Oscarín m.46), Jose, Jano (Lucas m.58), Raúl (Iago m.68), Aarón, Pablo Conde, Cespón (Charly m.65), Jesús, Alcaina e Javi.
  • Bertamiráns: Jose, Jacobo, Brayan, Borja, Martín, Iván (Hugo m.81), Adán, Astray, Jesús (Iñigo m.79), Pablo e Calderón.
  • Árbitro: Miño Pico. Amonestou a David Carreira e Pablo Conde do Dumbría; Jacobo, Adán e Astray do Bertamiráns.
  • Goles: 0-1 m.33 Calderón; 0-2 m.65 Calderón.

A peor versión do Dumbría

Non acaban por mellorar as sensacións que está a deixar o Dumbría no arranque da tempada. Os costeiros foron superados con moita claridade por un Bertamiráns que tivo en Calderón ao seu home fundamental -inaugurou a conta en claro fóra de xogo e sentenciou nun contragolpe-. Só tivo uns intres de acoso o equipo de José Manuel López Canosa, especialmente nun centro chut que se estrelou no longueiro.

Xallas 0-1 Lemos

  • Campo: A Fontenla.
  • Xallas: Julián, Fuentes (Cristian m.70), Jacobo, Hugo (Pablo Novo m.80), Jota, Fernando (Canedo m.70), Doro, Jesús, Coria, Kevin (Anxo m.72)
  • Lemos: Álex, Chema, Gustavo, Alami, Ruchi, Diego Núñez, Miguel (Martín m.70), Diego Arias, Jarju (Varela m.30), Quiroga (Camilo m.57), Moski
  • Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Jacobo do Xallas e Chema do Lemos. Amonestou a Fernando, Hugo e Jesús do Xallas; Gustavo, Moski e Alami do Lemos.
  • Gol: 0-1 m.89 Diego.

Crueldade máxima co Xallas

Parece un copy and paste, pero o certo e que o Xallas é o equipo ‘a piques de’. Non é que contra o Lemos merecera puntuar, senón que só os tres puntos terían feito xustiza ao conxunto combés. Foi un monólogo de oitenta e nove minutos, no que boa parte dos homes de ataque tiveron oportunidades para definir, ante un rival ben plantado e veterano, pero que en ningún momento deixou sensación de querer gañar. Foi nos últimos compases cando unha erro defensivo e un despexe convertido en asistencia para Diego permitiulle ao monfortino resolver ante Julián.

Crónicas da Preferente Norte

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios